O Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acollerá o domingo 8 de novembro, ás 19.00 horas, o espectáculo BenQuerER, unha proposta artística que une a danza de Fran Sieira coa música de Caamaño&Ameixeiras dentro da programación cultural Outono das Artesda Deputación da coruña onde colabora o Concello de Sada
A Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá o sábado 7 de novembro, ás 20:00 horas, unha nova edición do Festival Camiño ao Inverno, unha cita musical que reunirá en Sada tres agrupacións corais procedentes de diferentes puntos da comarca.
A presentación terá lugar o sábado 7 de novembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Sada, coa participación da autora, Ivana G. Abuín, de Montse Pena Presas, profesora da USC, e do alcalde de Sada, Benito Portela.
O Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns acolle o venres 6 de novembro de 2026, ás 18:30 h, o espectáculo «Cartóons», de Excéntricas, dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O obxecto destas bases é o de regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de asistencia regular (non ocasional), de luns a venres ou en determinados días da semana, durante o período lectivo do curso escolar 2026/2027, dirixidas a alumnado escolarizado no Concello de Sada.
O Concello de Sada, a través da Concellería de Educación, promove unha programación de 41 saídas educativas que chegarán aos cinco centros escolares do municipio e a máis de 1.100 alumnos e alumnas. O obxectivo é complementar a aprendizaxe nas aulas mediante o contacto directo co patrimonio histórico e artístico, a memoria democrática, as tradicións locais e os recursos ambientais da contorna.
O Concello de Sada organiza saídas de sendeirismo gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas en interpretación medioambiental.
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala auxiliar, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2026”, aprobadas por Resolución de Alcaldía núm.176/2026, de 5 de febreiro, (BOP núm.27, do 10.02.2026)