Acende o Nadal 2018

16 / NOV / 2018

 Acende o Nadal 2018

A Concellaría de Educación, Xuventude, Saúde do Concello de Sada organiza a 4ª edición “Acende o Nadal” que consiste na selección mediante sorteo dunha familia sadense que será a encargada de realizar o acendido navideño 2018.

Decreto Aprobación Bases Acende o Nadal

Inscrición en liña

Incrición para entregar na OMIX

O acendido navideño terá lugar o día 5 de decembro ás 19:30 h. na Praza de San Roque e poderán participar neste sorteo todas as familias empadroadas no Concello de Sada (comprobarase de oficio).

A familia gañadora será a encargada de activar o acendido navideño nese acto, polo que poderán invitar a todos aqueles membros da súa familia ou achegados cos que desexen realizar unha foto de familia nese acto. Non hai límite no número de persoas invitadas.

Só se admitirá unha inscrición por unidade familiar que será entregada ou enviada á OMIX por correo electrónico a omixsada@gmail.com, ou enviando os datos a través do formulario online.

O prazo para presentar as inscricións será do 15 ao 28 de novembro (inclusive) até ás 15.00h a través de calquera das formas de presentación dispoñibles. O sorteo celebrarase o día 29 de novembro ás 12:00 h. no local de actividades da Oficina da Xuventude e estará aberto a todas as familias que así o desexen.

A familia gañadora recibirá unha notificación vía telefónica comunicándolle que será a encargada de acender o Nadal en Sada e que se lle realizará unha foto familiar ese mesmo día e realizada por un fotógrafo profesional.

Por outra parte, establecerase unha listaxe de reserva con 5 familias no caso de que a familia que “Acende o Nadal en Sada” renunciase a asistir ao acto de acendido do Nadal o día 5 de decembro.

As inscricións recibidas entrarán tamén nun sorteo, que terá lugar ese mesmo día no Acendido de Nadal, no que poderán gañar a realización dunha foto familiar por un fotógrafo profesional. O sorteo será presencial, polo que a presenza será requisito indispensable para ser gañador do premio. No caso de non estar presentes, continuarase co sorteo ata adxudicar os tres premios.

Arquivado en