A convocatoria ten por obxecto de ampliación da bolsa de emprego temporal de socorristas aprobada polo Decreto de la Alcaldía núm.805/2022, do 9 de xuño, a partir do posto 5º en adiante da orde de prelación (PS 11-22)
O prazo de presentación das instancias (4 días hábiles) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP e remata o día 30 de xuño
As taxas de participación son 10€ (base 5ª das xerais)
A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame (C2)
Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.).
O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento.
Para presentar a instancia a través da Sede electrónica https://sede.sada.gal haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este acehgarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.
As solicitudes de participación axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
- 07/07/2022 - Anuncio resultados finais e relación de aprobados p.selectivo ampliación bolsa socorristas PS 11-22
- 06/07/2022 - Listaxe definitiva do PS 11-22 ampliación da bolsa de emprego temporal de socorristasBOP núm.119 23-6-22 convocatoria ampliación bolsa emprego temporal socorristas
- BOP núm.119 23-6-22 convocatoria ampliación bolsa emprego temporal socorristas
- BOP núm.78 26-4-22 Bases específicas bolsa emprego socorristas PS 5-22.
- BOP núm.78 26-4-22 bases xerais elaboración bolsas emprego 2022.
- Dc 805-22 aprobación da Bolsa emprego socorristas