De acordo co Convenio de colaboración subscrito o 4 de xaneiro de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de iniciación en xestión e control de flora exótica invasora.
Requisitos dos participantes e solicitudes
Sada 1 outubro
Os obxectivos do curso de iniciación en xestión e control de flora exótica invasora serían formar persoal técnico relacionado coa xestión de montes, do medio rural, de parques e xardíns, de obras públicas e de conservación da natureza, no referido ao coñecemento dos procesos de invasión de flora exótica e a súa problemática ambiental e económica.
Dirixido ao persoal técnico das administracións local, autonómica e estatal con competencias na xestión de montes, do medio rural de parques e xardíns, de obras públicas e de conservación da natureza así como a profesionais que realicen os seus traballos nos ámbitos forestal, do medio rural, da xardinaría, das obras públicas e da conservación na natureza e estudantes de universidade en titulacións relacionadas con aspectos citados ou persoas interesadas na conservación da natureza e as plantas exóticas búscase sensibilizar acerca da existencia e das características das invasións biolóxicas no seu papel como factor de degradación ambiental de primeira orde contribuír a frear a perda de biodiversidade local e global (obxectivo da Unión Europea para 2020) a través do coñecemento e da correcta xestión desta problemática ambiental.
Desde o AEDL do concello de Sada e a Reserva de Biosfera Mariñas-Betanzos consideran o curso sumamente interesante, pois é un dos principais problemas ambientais que temos no territorio.