PARTICIPACIÓN EN EL MERCADO MARIÑEIRO SADA, FIESTAS DEL CARMEN 2023

11 / XUL / 2023

 PARTICIPACIÓN EN EL MERCADO MARIÑEIRO SADA, FIESTAS DEL CARMEN 2023

O Concello de Sada organiza unha nova edición das tradicionais Festas do Carme. A comunidade sadense ten un pasado totalmente ligado ao mar e á pesca. É por iso que as Festas do Carme son, sen dúbida, unha das datas máis destacadas do calendario de festexos que emanan da cultura popular.O sector da artesanía ten un especial porque presenta ao mesmo tempo un carácter artístico, creativo e utilitario. Os obxectos feitos a man poñen a arte ao servizo da funcionalidade e son toda unha expresión cultural. Por medio desta proposta queremos destacar o valor cultural e artístico do oficio artesán, xunto co interese público que eles mesmos suscitan e apoialo a través dunha acción de fomento. Por todo isto, o obxecto das bases que agora se presentan é o de establecer as condicións e o procedemento de outorgamento de autorizacións para a ocupación de terreos de uso público para organizar un mercado de artesanía de temática mariñeira dentro no marco das Festas do Carme 2023 en Sada, a celebrar nas datas do 15 e 16 de xullo.

BASES REGULADORAS DA PARTICIPACIÓN NO MERCADO MARIÑEIRO SADA, FESTAS DO CARME 2023

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO MERCADO MARIÑEIRO 2023

 

O mercado instalarase no Paseo Marítimo de Sada, á altura da zona portuaria, entre o edificio da Axudantía de Marina e a zona de finalización do carril bici.

.- Normativa de aplicación

  • Ordenanza núm. 16 reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda,espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público, industrias da rúa e ambulantes e rodaxes cinematográficos
  • Lei 33/2003 de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas.
  • Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
  • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Solicitantes

  • De conformidade co artigo 72 da Lei 13/2010 de comercio interior de Galicia, as persoas solicitantesdeberán cumprir os requisitos que establezan os municipios para a súa autorización. Neste caso deberán cumprirse os seguintes: Edificio municipal de uso administrativo Avda. da Mariña, 25, 15160 Sada (A Coruña). Tfno.: 981 620 075 Fax.: 981 621 274. https://sede.sada.gal
  • Dedicarse ao sector da artesanía en calquera das súas posibles manifestacións, realizando a man os produtos que as solicitantes poñan á venda. Tamén poden presentarse postos de venta doutros produtos, de reventa de artesanía ou de venta de segunda man.
  • Estar dado ou dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social, e nun epígrafe do Imposto de Actividades Económicas compatible coa artesanía.
  • Cumprir cos requisitos das regulamentacións de cada tipo de produtos.
  • Dispor de seguro de responsabilidade civil.
  • Dispor dunha carpa ou posto de venta decorado e ambientado para recrear a temática mariñeira.

A concellería de Cultura será a encargada de comprobar as solicitudes e documentación recibidas.

O Mercado Mariñeiro non se celebrará se non conta cun mínimo de 10 solicitudes.

A dimensión máxima do frontal das carpas será de 3 m. lineais. Segundo o espazo dispoñible, prevese unha capacidade dun máximo de 30 postos.

 

Selección de participantes

Tendo en conta o punto anterior, no caso de que a organización reciba máis solicitudes correctas que o número de prazas asumibles, aplicará os criterios que se recollen no ANEXO II para establecer unha orde de prelación.

As prazas outorgaranse segundo esa orde ata esgotar os espazos dispoñibles.

 

Solicitudes de participación

  • O prazo de presentación das solicitudes será dende a publicación das bases reguladoras ata as 12:00h do venres 14 de xullo de 2023.
  • Debido ao pouco tempo que resta ata a celebración do mercado, establécese como medida extraordinaria que o prazo de emenda das solicitudes incompletas será o mesmo que o prazo de presentación.
  • O persoal do departamento de cultura instruirá as solicitudes recibidas e requirirá as que sexa necesario emendar.
  • Tramitarase a aprobación das solicitudes recibidas que cumpran todos os requisitos á finalización do prazo de solicitude. As solicitudes incorrectas ou incompletas á finalización do prazo de solicitude serán denegadas.
  • As bases reguladoras publicaranse na páxina web municipal (www.sada.gal), contendo o modelo de solicitude, que se achega no Anexo I. Este modelo tamén estará dispoñible para descarga dende a páxina web do Concello de Sada, dende o post que recollerá a información do mercado.
  • As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Sada ou a través dos demais medios que se establecen no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As persoas físicas poderán presentar a solicitude de xeito presencial se así o desexan, tal como recolle o artigo 14 da Lei 39/2015. O resto de solicitantes deberán presentar a súa solicitude de xeito telemático a través da sede electrónica (sede.sada.gal).

Arquivado en