PROCESO SELECTIVO PRAZA DE ALBANEL PERSOAL LABORAL FIXO

25 / OUT / 2023

 PROCESO SELECTIVO PRAZA DE ALBANEL PERSOAL LABORAL FIXO

Proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de albanel, persoal laboral, pertencente ao Grupo IV, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2023 (BOP núm. 85, do 05-05-2023) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2023.

As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE) no que figurará a referencia ao número e data do Boletín Oficial da Provincia no que foron publicadas as bases específicas.  

Arquivado en