Sada enche o nadal con panxoliñas, chocolatada, solidariedade, teatro infantil, cine, concertos, carreira nocturna e bos desexos para o próximo ano

03 / DEC / 2015

 Sada enche o nadal con panxoliñas, chocolatada, solidariedade, teatro infantil, cine, concertos, carreira nocturna e bos desexos para o próximo ano

- Unha familia de Sada, seleccionada mediante sorteo, será a encargada de acender a iluminación do Nadal mañá as 19:30 horas na Plaza de San Roque.

- O venres 18 ás 19:15 horas disputarase a carreira nocturna do Nadal polo centro urbano de Sada nun circuíto que partirá do parque infantil das Brañas.

- A Banda de Música Municipal e o Coro da Escola de Música ofrecerán o concerto de Nadal na Casa da Cultura o sábado 19 de decembro as 20:00 horas.

- O día 23 as 19:00 horas se proxectará no auditorio da Casa da Cultura a película “El alucinante mundo de Norman”.

- Chocolasada celébrase na Noiteboa cun evento que xurde da Biblioteca Municipal “Ramón Suárez Picallo” en colaboración coa comunidade escolar.

- O 27 diciembre Sada celebra un día solidario con dúas actividades. Pola mañá organízase unha exhibición de zumba e pola tarde na Casa da Cultura un concerto benéfico a cargo do grupo Amizades.


Sada 3 decembro.

Mañá comenza o Nadal en Sada co acendido da iluminación do Nadal. Este ano a concellaría de Educación, Xuventude e Saúde xunto coa de Cultura e Praias organizaron conxuntamente a primeira edición “Acende o Nadal” que consistiu na selección mediante sorteo dunha familia sadense que será a encargada de realizar o acendido navideño mañá as 19:30 horas na Plaza de San Roque.

No acto participarán os alumnos de clarinete da Escola Municipal de Música de Sada que interpretarán varias panxoliñas para que sexan cantadas por todos os presentes. A Consellería de Educación, a socialista Raquel Bolaño, invita a todos os vecinos e veciñas a participar neste acendido que suporá o comenzo das actividades do Nadal en Sada.

Actividades de Nadal

Seguindo coas actividades do mes de decembro o venres 18 ás 19:15 horas disputarase a carreira nocturna do Nadal polo centro urbano de Sada nun circuíto que partirá do parque infantil das Brañas.

Organizada polo CAS e a concellaría de Deportes, xestionada por Zeltia García, está indicada para todos os públicos. As categorías benxamín e cadetes correrán de 300 a 750 metros mentres que o resto de categorías correrán todas xuntas na carreira nocturna de 5 Km. O custo da inscrición, que ha de realizarse en www.carreirasgalegas.com, é de 5€ para adultos e 2€ para o resto de categorías e os dorsais recolleranse o mesmo día da carreira.

Ó día seguinte, o sábado 19 de decembro, a Banda de Música Municipal e o Coro da Escola de Música ofrecerán o concerto de Nadal na Casa da Cultura as 20:00 horas.

No transcurso do concerto entregaranse os premios do concurso infantil de Postais do Nadal que dende a concellería de Educación organizan para fomentar a participación do alumnado dos centros educativos de educación infantil e primaria e ao mesmo tempo deseñar a felicitación navideña oficial que utilizará o Concello de Sada nestas datas.

Continuando coas actividades do mes de decembro, o día 23 as 19:00 horas haberá una sesión de cine infantil no auditorio da Casa da Cultura coa proxección da película “El alucinante mundo de Norman”. Esta actividade realízase co apoio da Diputación Provincial.

Dende a concellería de Cultura, xestionada por Marcos Villar, convidan tamén as familias de Sada a participar na tarde do 24 de decembro (Noiteboa) a un evento que xurde da Biblioteca Municipal “Ramón Suárez Picallo” en colaboración coa comunidade escolar e que leva o nome de “Chocolasada”.

O obxectivo é realizar unha actividade onde a comunidade escolar coopere de xeito voluntario na vivencia de datas tan sinaladas e máxicas para os nenos e nenas como son as vacacións do Nadal, buscando a apertura ao entorno e “levando a escola á rúa”.

Para iso dende as escolas do municipio prepararán unha panxoliña ou cantiga de Nadal podendo ser un coro de todo o centro escolar ou por cursos e onde tamén poden participar dende un mestre ou mestra ata todo o claustro.

O recital levarase a cabo na Plaza de San Roque as 17:30 horas do 24 de decembro contando ademáis con unha animación sorpresa para os nenos e nenas e un desfile polas rúas cheo de alegría. De volta na praza os participantes desgustarán chocolate con churros e terán a recepción con Papá Noel.

O 27 diciembre Sada celebra un día solidario con dúas actividades. Pola mañá organízase unha exhibición de zumba e pola tarde na Casa da Cultura un concerto benéfico a cargo do grupo Amizades. En ambas actividades recolleranse alimentos para posteriormente entregar ás distintas entidades cívicas do Concello como son Cruz Vermella, Cáritas e Club de Leóns. A xornada rematará co lanzamento de farolillos de luz cos que se simbolizará o lanzamento dos “mellores desexos dos sadenses para o vindeiro ano”.

Para rematar o mes de decembro o día 28 as 18:00 horas a concellería de Cultura programa no auditorio da Pintor Lloréns o espectáculo de teatro infantil “A cantar con María Fumaça” para todos os nenos e nenas de Sada. Esta actividade conta co apoio da Diputación Provincial da Coruña.