O Concello de Sada e a comunidade parroquial de Sada organizan as alfombras florais do Corpus Christi do 11 de xuño do 2023, coa colaboración e elaboración por parte da comunidade parroquial e veciños.
Un grupo de homes e mulleres da Confraría da Virxe das Dores e Santo Sepulcro, comezaron a facer as alfombras florais sobre o ano 1995. Anteriormente facíase a a procesión por distintas rúas de Sada e antes de que pasase botábanse juncos e flores. Actualmente un conxunto de persoas de varios grupos parroquiais así como veciños e Concello de Sada aunaron os seus esforzos e retomaron ese costume para así continuar dita tradición.
No 2022 fíxose unha alfombra na parte posterior da igrexa e este ano no mesmo espazo será confeccionada por nenos, co fin de inicialos nesta tradición e que no futuro haxa máis xente que se anime a colaborar e póidase ampliar a outras rúas. Os adultos confeccionasen outra na rúa lateral da Igrexa (Avd. da Coruña).
Agradécese toda colaboración cidadá para o picado e confección das alfombras, que se realizará o venres 9 de Xuño á tarde e o Sábado 10, o Domingo día 11 Misa e Procesión ás 12:30.