A convocatoria ten por obxecto de ampliación da bolsa de emprego temporal de socorristas aprobada polo Decreto da Alcaldía núm.805/2022, do 9 de xuño (ampliada polo Decreto da Alcaldía núm.953/2022, do 8 de xullo) a partir do posto 6º en adiante da orde de prelación (PS 12-22)
A esta convocatoria aplícanselle as bases xerais para a elaboración de bolsas no que lle corresponda e as bases específicas para elaboración de bolsa de socorristas (PS 5-22) (ambas achegadas a esta publicación) agás no relativo ao prazo de presentación de instancias e emenda das mesmas.
O prazo de presentación das instancias (3 días hábiles) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (15-7-2022) e remata o 20-7-2022.
As taxas de participación son 10€ (base 5ª das xerais)
A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame (C2)
Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.).
O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento.
Para presentar a instancia a través da Sede electrónica https://sede.sada.gal haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este acehgarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.
As solicitudes de participación axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
- Resultados finais e relación de persoas aprobadas do proceso selectivo para a ampliación da bolsa de emprego temporal de socorristas (PS 12/2022)
- BOP núm.134 15-7-22 2_ convocatoria ampliación bolsa emprego temporal socorristas.pdf (PDF-102,89 kb )
- BOP núm.78 26-4-22 bases xerais elaboración bolsas emprego 2022.pdf (PDF-169,22 kb )
- BOP núm.78 26-4-22 Bases específicas bolsa emprego socorristas PS 5-22.pdf (PDF-141,65 kb )
- Dc 805-22 aprobación da Bolsa emprego socorristas.pdf (PDF-165,39 kb )
- Dc 953-22, 8 xull, ampliación bolsa emprego Socorristas I.pdf (PDF-164,03 kb )