- Este proxecto, ideado pola profesora de Sada e Contornos Esperanza Arias e que está dirixido a nenos/as de 5 anos para aprender a ler e escribir, é a xuízo da concelleira de Educación, Raquel Bolaño, “unha experiencia moi positiva para a comunidade escolar polo que pensamos darlle continuidade en sucesivos anos involucrandonos ao 100%”
Sada, 9 xuño 2016.
A Concellaría de Educación estivo colaborando durante o presente curso escolar cos centros educativos do municipio na realización do proxecto de lecto-escritura para alumnos de Educación Infantil denominado "Illa Fantasía. Escola do Unicornio" no que participaron máis de 300 alumnos/as.
“Cada vez que un neno ou unha meniña aprende a ler e a escribir un unicornio nace na Illa Fantasía e levará para sempre ou seu nome”. Baixo esta lema realizouse este proxecto, ideado pola profesora Esperanza Arias, dirixido a nenos/as de 5 anos para aprender a ler e escribir. Nun primeiro momento o proxecto desenvolveuse no Sada e os seus Contornos e para cos anos se han ir incrementando o resto de centros educativos públicos do municipio.
Para a concelleira Raquel Bolaño “este proxecto foi unha experiencia moi positiva para a comunidade escolar polo que pensamos darlle continuidade en sucesivos anos involucrandonos ao 100% nun proxecto educativo tan importante como ensinar a ler e escribir a nenos de educación infantil”.
Está mañá levouse a cabo clausúra de Illa Fantasía cun amplo programa de actividades onde profesorado e alumnos/as compartiron unha mañá de experiencias que incluíu un paseo por Sada e unha merenda nos xardíns do Paseo Marítimo.
Posteriormente na Casa da Cultura entregáronse os “Unicornios”, para premiar aos 110 nenos de 5 anos polo seu avance en competencia lingüística.
Como fin de clausura agradeceuse a colaboración desinteresada de varias empresas e entidades na organización do proxecto e do acto entregándolles un Unicornio de Illa Fantasía realizado na fábrica de O Castro e que desde este ano premia e identifica aos colaboradores .
As empresas colaboradoras deste proxecto foron Sargadelos (Cerámicas O Castro), Gadis, Carrefour Market (Sada), Buro Planet e Editorial Santillana. Tamén foron recoñecidas as colaboracións da Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo, o CEIP Sada e Contornos, o CEIP O Mosteirón, o CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego), a EEI Carnoedo e a Concellaría de Cultura. Mención especial recibiron María Montes, Lorena Barciela e Rosario Belda polo seu apoio ao proxecto Illa Fantasía.