8M en Sada - Día Internacional da Muller 2021

02 / MAR / 2021

8M en Sada - Día Internacional da Muller 2021

A Concellería de Benestar e Igualdade programa diversas actividades e actos para o Día Internacional da Muller 

- 4 E 5 DE MARZO: PRESENTACIÓN PLAN IGUALDADE

Faremos chegar o III Plan de Igualdade de Sada, acompañado de merchandising a aquelas asociacións, clubes deportivos e centros escolares do noso Concello.

-TODO O MES DE MARZO: EXPOSICIÓN NAS RÚAS

Sobre paneis localizados en diferentes zonas das nosas rúas, visibilizaremos a aquelas mulleres galegas que loitaron pola igualdade de dereitos.

- 8 MARZO. 12 H. INAUGURACIÓN PASEO DA IGUALDADE

Coa colaboración do clube de lectura da biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo, o 8 de marzo inaugurarase o paseo da igualdade, que terá lugar no paseo marítimo. (altura Casa Cultura)

-8 MARZO. 20 H. ACTO “MULLERES POLA IGUALDADE” CASA DA CULTURA.

Aforo limitado á normativa sanitaria. Imprescindible reserva de entrada aquí

-10 MARZO.MERGÚLLATE CO 8M

Concurso de fotografía onde a poboación terá que reividicar, dar luz, a unha acción de igualdade ou desigualdade que teña o seu arredor. A imaxe que máis votos reciba terá un premio de recompensa.

-TODO O MES DE MARZO: ADHESIÓN CAMPAÑA 8M DEPUTACIÓN A CORUÑA.

Exposición en liña, a través das redes sociais do concello, do calendario da campaña do 8M da Deputación

Arquivado en