XVIII MOSTRA DE TEATRO DE SADA 2025

05 / ABR / 2025

Finalizada a fase de selección de obras que participarán na XVIII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada a concellería de Cultura comunica a proposta para esta edición, que inclúe as 4 compañías que representarán as súas obras e concursarán polos Premios Lugrís Freire, así como a función que porá o peche o día 20 de abril, despois da entrega de premios

COMPARTIR EN:

2º FESTIVAL DE ACORDEÓN

30 / MAR / 2025

A concellería de Cultura programa o domingo 30 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns o 2º Festival de Acordeón.

COMPARTIR EN:

TEATRO EN SADA: HELENA

29 / MAR / 2025

A concellería de Cultura programa teatro de adultos o sábado 29 de marzo ás 19:00 no Auditorio da Casa da Cultura, coa obra "Helena" de Eurípides a cargo da compañía Noite Bohemia.

COMPARTIR EN:

BOLSA DE EMPREGO FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINIS...TRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR

28 / MAR / 2025

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala auxiliar. O órgano competente da Corporación poderá adscribir ós/ás aspirantes nomeados/as, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional. A bolsa de emprego resultado do proceso selectivo substituirá á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1074/2023, do 2 de xuño.

COMPARTIR EN:

Bolsa de emprego temporal postos da escala de admi...nistración xeral subescala administrativa (C/C1)

27 / MAR / 2025

Dado que a anterior convocatoria (BOP da Coruña núm.25, 6-2-2025) resultou deserta, esta alcaldía, polo Decreto núm. 548/2025, do 21 de marzo, resolveu convocar novamente proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para postos da escala de administración xeral subescala administrativa (C/C1) mediante o sistema selectivo de oposición en quenda libre,

COMPARTIR EN:

PROCESO SELECTIVO PRAZA DE OPERARIO ALMACENISTA, P...ERSOAL LABORAL FIXO, OEP 2021

26 / MAR / 2025

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, dunha (1) praza de operario almacenista, persoal laboral, pertencente ao Grupo V, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2021, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 788/2023, 27 de abril e modificadas pola resolución da Alcaldía 1098/2024, do 10 de xuño publicada no BOP núm. 120, do 21-06-2024.

COMPARTIR EN:

PROCESO SELECTIVO PRAZA DE OPERARIO, OEP 2021

26 / MAR / 2025

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, dunha (1) praza de operario, persoal laboral, pertencente ao Grupo V, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021) e modificada por resolución de alcaldía 800/2024 do 29 de abril de 2024 (BOP núm. 88, 07-05-2024) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2021, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 788/2023, 27 de abril e modificadas pola resolución da Alcaldía 1098/2024, do 10 de xuño publicada no BOP núm. 120, do 21-06-2024.

COMPARTIR EN:

BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DE ALBANEL

24 / MAR / 2025

Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral ou calquera das situacións contempladas no artigo 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de albanel

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS

FÍO DIRECTO CO ALCALDE

Poñendo luz sobre a actividade e a xestión municipal

AVISOS, SUXESTIÓNS E QUEIXAS