O Trail Costa Doce, organizado polo Club de Atletismo Sada e o Concello de Sada, terá lugar o sábado 8 e o domingo 9 de febreiro do 2025 en Sada.
A Alcaldía do Concello ditou o 26 de maio de 2023 a resolución 1022/2023, que a continuación se transcribe literalmente: Logo de ver as propostas do Tribunal Cualificador, nomeado en execución de sentenza polo Decreto da Alcaldía núm.693/2022, do 20 de maio (BOP núm.96, 23-5-2022), correspondentes ás probas selectivas para a provisión das prazas vacantes de: once (11) de auxiliar administrativo, e tres (3) de operario, pertencentes á oferta de emprego público de 2005.
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, dunha (1) praza de conserxe, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021)
ORDE do 31 de maio de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía. O Concello de Sada convoca 1 praza de provisión por mobilidade PR461D e dúas prazas de acceso por oposición libre PR461B.
O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixida a entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar a manter a actividade das asociacións culturais, de fomentar a actividade no eido da cultura no termo municipal e de facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación da cidadanía na vida cultural, facilita a creación artística e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito da cidadanía á cultura. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas. Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada para a “Organización de festas patronais parroquiais”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
Concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para colaborar nos gastos derivados das actividades das asociacións de nais e pais de alumnado dos centros de educación primaria e institutos de educación secundaria mantidos con fondos públicos do municipio durante o exercicio 2024. A finalidade desta subvención é potenciar actividades formativas e outro tipo de actividades de crecemento e desenvolvemento persoal baseado en valores, como complemento da educación, favorecendo a participación das familias na vida escolar. Entre os obxectivos específicos están impulsar as actividades de conciliación familiar e de encontro entre o alumnado e as familias así como favorecer a inclusión e igualdade de oportunidades entre o alumnado.
Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala auxiliar. O órgano competente da Corporación poderá adscribir ós/ás aspirantes nomeados/as, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional. A bolsa de emprego resultado do proceso selectivo substituirá á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1074/2023, do 2 de xuño.