04 / XUL / 2023
A Unidade Móbil de información da Armada estará instalada o próximo martes 11 de xullo, en horario de mañá e tarde, na Praza Irmáns Suárez Picallo do Paseo Marítimo de Sada
O Ministerio de Defensa, a través da Armada, instalará unha unidade móbil de acceso público en Sada o próximo 11 de xullo para ofrecer información sobre oferta laboral e educativa así como achegar a cultura da defensa e o coñecemento sobre as misións e labores á cidadanía que desenvolven.
Estas unidades móbiles están compostas por un autobús equipado cunha oficina móbil, roll-ups e banners con información para atención ao aire libre e pantallas e altofalantes para presentacións multimedia.
O punto de información estará atendido por tres militares con longa traxectoria na Armada, con experiencia en atención e comunicación e formados coa máis recente información sobre os procesos, requisitos e opcións de acceso ás Forzas Armadas.