-Programa un concerto domingo 14 de abril na Casa da Cultura onde interpretarán temas de bandas sonoras de películas de temática deportiva así como cancións pop-rock moi habituais en competicións e recintos deportivos que convertéronse en himnos deportivos.
Sada 12 abril 2019.
A Banda de Sada renderá homenaxe ao deporte, máis concretamente aos clubs do municipio e os miles de deportistas que neles participan, cun concerto que ofrecerán o vindeiro domingo 14 de abril a partir das 20:00 na Casa da Cultura.
A Banda de Sada, ademais de realizar unha programación estable de concertos ofrece nesta ocasión, en colaboración coas concellarías de Cultura e de Deportes, este concerto homenaxeando aos clubs deportivos do municipio ao basear o seu repertorio en temas moi recoñecidos de películas de temática deportiva e tamén cancións pop-rock habituais en competicións deportivas. Para iso acompañaranse nunha parte do concertó de amplificación, guitarra, baixo e voz con compoñentes da propia Banda de Música.
Entre os temas do repertorio destacan “Gonna Fly Now” da película Rocky, “Olympic Fanfareand Theme” de John Williams para as Olimpiadas de 1984 ou “Summon the Heroes”, unha composición orquestal escrita para los xogos olímpicos de Atlanta de 1996 tamén por John Williams. Non podería faltar “We are the Champions” balada composta por Freddie Mercury, vocalista da banda de rock británica Queen, unha das cancións máis célebres e populares, e un dos himnos máis recoñecidos do rock e das celebracións deportivas.
Banda de Música de Sada
A Banda de Música de Sada está composta por máis de 50 músicos. A maior parte dos seus integrantes son ou foron alumnos da Escola Municipal de Sada, dos cales unha gran parte colaboran ou pertencen a formacións tan importantes como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Filharmonía de Santiago, Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Ferrol e Xoven Orquestra da Sinfónica de Galicia entre outras.
Por iniciativa dos propios músicos da banda créase unha Big Band de Sada a comezos do 2010, cunha gran acollida por parte do público, o seu primeiro concerto en abril do mesmo ano foi todo un éxito na Casa da Cultura Pintor Lloréns.
A Banda Municipal de Sada ten unha ampla e importante labor no Concello de Sada, asumindo a responsabilidade, totalmente altruísta por parte dos seus músicos, do labor social e musical, dando concertos cunha programación estable ao longo do ano na Casa da Cultura de Sada Pintor Lloréns, cun variado e innovador repertorio, tanto bandístico, como de música de cámara cos distintos grupos que se formaron na propia banda.