06 / NOV / 2020
A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo volve a abrir desde mañá 7 de novembro os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Desde a Concellaría de Cultura lembran ademais as normas de funcionamento da Biblioteca no momento actual de pandemia. Para o acceso ás instalacións, é obrigatorio o uso de máscara, e proporcionarase xel hidroalcohólico na entrada e zonas comúns.
O horario de apertura a partir de mañá será de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 20 h, e sábados de 10 a 13 h.
O persoal da biblioteca encargarase de servir os materiais, xa que o acceso directo aos estantes continúa limitado.
Actualmente a capacidade da Biblioteca é de 20 persoas.
A distancia de seguridade deberá respectarse no mostrador.
Pódese consultar e/ou reservar a través do correo electrónico biblioteca@sada.gal.