A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo celebra o Día Mundial do Libro o vindeiro martes 23 deabril con actividades durante todo a xornada, horario ampliado e o I Maratón de Contos.
Folla Inscrición para entregar na Biblioteca
Sada, 17 abril 2019
O 23 de abril de 1616 faleceron Cervantes, Garcilaso de la Vega e Shakespeare, mais tamén é a data de nacemento ou falecemento doutros importantes autores como Maurice Druon, H. K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Plà e Manuel Mejía Vallejo.
En 1996, a UNESCO escolleu esta data para render homenaxe ao libro e aos autores e para animar a todas as persoas a descubrir o pracer da lectura. En España, e en particular en Cataluña, a tradición neste día é agasallar con libros e rosas
Na Biblioteca Municipal celebraran o martes 23 de abril o Día do Libro e durante toda a xornada agasallarán cun caravel vermello e un libro a todas as persoas que leven préstamos da Biblioteca Municipal.
Pero teñen máis sorpresas agardando para todas e todas/os as/os que se acheguen á Biblioteca Municipal para celebrar todas/os xuntas/os este día tan especial:
• Horario especial ininterrompido de 9:00 a 21:00 horas. Na Biblioteca queren gozar ao máximo deste día e por iso amplian o horario habitual, o que significa que permanecerán abertos ao mediodía e que atrasarán unha hora o peche da Biblioteca.
• As socias e socios poderán levar ata 5 préstamos, entre libros, DVD, CD, revistas...
• Recoñeceranse as/os nosas/os usuarias/os adultos e infantís máis leais. Ás persoas que máis préstamos retirasen durante o ano pasado en cada categoría faráselles entrega dun diploma ao “Superusuaria/o 2018” e dun lote de libros.
• Habilitaran un espazo para que poidades deixar as vosas aportacións de alimentos para as ONG de Sada (Cáritas, Club de Leones e Cruz Vermella).
• Celebrarase o “1º Maratón de Contos”, que ten como obxectivo a narración ou lectura de contos, en calquera idioma e de máximo 5 minutos de duración, escollidos libremente polo contador/a ou lector/a. Queremos que compartades esas historias que vos emocionan, vos fan pensar, vos inspiran. Podes inscribirte no Maratón de Contos no seguinte formulario o cubrindo a folla de inscrición e entregandoa na Biblioteca Municipal