A Brigada Forestal integrada no Servizo de Emerxencias Municipal (SEM) comezou a limpeza das marxes do río Maior de forma manual hai 15 días no tramo que discurre por detrás do instituto Isaac Díaz Pardo e no día de hoxe proseguen os traballos na rúa Brañas coa maquinaria en colaboración coa área de Obras e Servizos.
O Concello de Sada, a través da concellería de Medioambiente e de Obras e Servizos, está a limpar o tramo urbano do río Maior así como os camiños incluidos no plan de prevención e recollidos no inventario municipal.
As labores da Brigada Forestal, integrada no Servizo de Emerxencias Municipal, comezaronhai 15 días nos tramos detrás do instituto Isaac Díaz Pardo e hoxe, xunto cos operarios de Obras e Servizos, están a executar a limpezana rúa Brañas, apoiados con medios mecánicos para a retirada dos residuos.
Estas tarefas da Brigada Forestal se inclúen dentro do Plan de Prevención e Limpeza de camiños que o Concello de Sada conveniou coa Xunta de Galicia polo que desde o pasado mes de xullo se están a limpar camiños das distintas parroquias do municipio.
En concreto ata o momento se limparon, con medios manuais e mecánicos, os camiños de Carnoedo e Veigue que están recollidos no citado plan na parte preventiva e unha vez rematada a limpeza do río maior seguirán a realizar labores de limpeza de camiños en todas as parroquias do municipio. A Brigrada Forestal, composta por cinco operarios, ten encomendadas labores de extinción de incendios ademáis de limpeza de camiños municipais.
(Na foto superior en cor azul os camiños de propiedade municipal que a Brigada Forestal limpou con medios mecánicos e en cor vermella os que se limparon con medios manuais)