Unha cadela Golden, estivo esta tarde xunto a Laura González, a súa adestradora, na Biblioteca Municipal de Sada dentro do programa Perros e Letras de animación á lectura con cans adestrados especialmente para ler con nenos
Sada, 1 de marzo 2019.
Nora é moi alegre, indica Laura, encántalle que lle fagan caso e desde pequena comezou a súa educación dentro de centros de traballo para converterse en cadela de terapia. Cando Nora está a traballar é moi tranquila e obediente, sempre está moi atenta e goza realizando as actividades e xogando coas persoas”.
Esta programa organizada polo Concello para 12 nenos e nenas de Sada chámase R.E.A.D. (Reading Education Assistance Dogs), e iniciouse na Biblioteca Pública de Salt Lake City (Utah, USA) en 1999. Desde entón, miles de escolares, en bibliotecas e librarías de 17 países, leron con cans.
Grazas a este programa, os menores len libros a un can especialmente adestrado para ler con eles, algo que mellora as habilidades lectoras do neno, sobre todo a súa fluidez e comprensión lectora.
Segundo os expertos que levan a cabo a actividade, o éxito do programa radica na conexión emocional que se establece entre o can e o neno que le para o animal. O can escoita atentamente, axuda a relaxarse e diminúe a ansiedade, no xulgan, non se burla e non critica, é menos intimidante que os compañeiros de clase ou que adultos e deixa que o neno vaia ao seu propio ritmo.
En España, os cans R.E.A.D. de “Perros y Letras” estiveron lendo en lugares tan emblemáticos como a Biblioteca Nacional de España e en multitude de librarías e outros espazos como a Fundación Jesús Abandonado, A Casa do Libro ou a FNAC.
En Sada estivo esta tarde Nora “pero a idea é facelo unha vez ao mes, indican desde a Biblioteca, en función dos nenos e nenas que se apunten a este programa de lectura”. De feito 10 menos e nenas quedaron en lista de agarda para a próxima visita dos cans de Perros e Letras.