-Para conseguir premios os clientes só teñen que atopar a “barba de Papa Noel”, a protagonista da imaxe da campaña. Por cada cinco euros de compra recibirán unha pegatina para completar unha tarxeta coa que entrarán no sorteo da cesta de regalos, un vale de 200 euros ou a unha experiencia náutica pola ría de Sada. Para participar no sorteo, as tarxetas deberán depositarse na furna situada na terceira planta do Concello.
Sada, 28 de Novembro 2018.
A concellería de Promoción Económica que dirixe o nacionalista Xose Lois Suárez Becerra abre o 1 de decembro a campaña “Nadal distinto, Nadal en Sada 2018” superando expectativas de participación con máis de sesenta establecementos xa inscritos, sendo esta a primeira Campaña destas características nos últimos anos.
Unha decoración do Nadal que permita identificar a todos os establecementos e o sorteo dunha gran cesta que supera os mil cincocentos euros en agasallos doados polos participantes, dotan a esta campaña dun valor e un atractivo enorme para os veciños xa que mercar na súa localidade vai ter maior valor engadido.
Unha das novidades desta campaña consistirá na promoción a través de orixinais vídeos de temática de Nadal e a creación dunha “Shopping route” a través dos máis de sesenta establecementos participantes, cunha novidosa sinalización, ademais da pertinente decoración navideña das rúas e escaparates coa imaxe promocional, que encherá a vila co espírito do Nadal.
Para o concelleiro do BNG responsable de Promoción Económica “o comercio de Sada destaca por aportar un servizo diferencial cunha ampla variedade de comercios. Entre os establecementos participantes na campaña atopamos unha ampla variedade de comercios adicados ao mundo da náutica, roupa, calzado e complementos, benestar, estética e perruquería, decoración, telefonía, alimentación, entre outros, que conforman todo o espectro do sector terciario da vila”.
Xose Lois Suárez Becerra engade ademais que “o dinamismo do comercio de Sada merece unha campaña que poña en coñecemento de todos os clientes tanto da contorna como de fora de ela as posibilidades que poden atopar na nosa vila caracterizada historicamente por ter uns servizos a altura dos que nos visitan e con moita calidade.
Vir a Sada no Nadal proporciona un valor engadido ao que ofrecen as grandes superficies comercias xa que non é comparable o trato recibido nas tendas sadenses porque contamos con locais que cumpren máis de oito décadas ao servizo dos clientes xunto a establecementos de recente apertura o que implica unha diversidade de negocios moi rica e variada. Faremos unha campaña atrevida coa máxima difusión posible tendo en conta a estratexia de comunicación levada a cabo nos últimos meses e poñendo como exemplo números como os acadados na novena edición da Festa da Xiba na que fomos das páxinas máis visitadas”.
Para conseguir premios os clientes só teñen que atopar a “barba de Papa Noel”, a protagonista da imaxe da campaña. Por cada cinco euros de compra recibirán unha pegatina para completar unha tarxeta coa que entrarán no sorteo da cesta de regalos, un vale de 200 euros ou a unha experiencia náutica pola ría de Sada. As tarxetas entregaranse na terceira planta do Concello.
O concelleiro Xose Lois Súarez Becerra valora “a gran implicación dos comerciantes dende un primeiro momento e a súa boa resposta a hora de aportar agasallos para facer o máis atractivo posible o feito de mercar nun comercio de proximidade onde o trato é persoal, de confianza e amigable”.
Esta acción englobase dentro da Campaña da concellería de Promoción Económica “Merca Distinto, Merca en Sada” e desenvolverase do 1 de decembro ao 5 de xaneiro, agardando ter unha boa acollida entre os veciños e visitantes.