01 / AGO / 2017
Memoria de Sada, unha exposición composta por case 400 fotografías, inaugurarase mañá mércores ás 20.00 horas na capela de San Roque e estará aberta ao público ata o 31 de agosto. A maior parte das fotografías nunca foron exhibidas anteriormente.
No acto repartiranse postais aos asistentes que contarán con entrada libre ata completar o aforamento permitido. A exposición estará aberta de martes a sábado en quendas de mañá (de 11.00 a 14 horas) e tarde.