A Capela de San Roque reabre as suás portas logo das obra de reforma na fachada e interior

09 / XUL / 2018

A Capela de San Roque reabre as suás portas logo das obra de reforma na fachada e interior

O pasado venres abriu de novo as súas portas a Capela de San Roque despues das obras realizadas en fachada e interior incluídas no proxecto que xestionou a Concellaría de Cultura.

Exposición do 6 ao 22 de xullo na Capela de San Roque. MARE PLASTICUM - Margartita Cimadevila & Wolfgang Trettnak 

Vídeo reapartura de la Capela de San Roque

 

Os traballos para reformar a Capela de San Roque, comezaron tras a adxudicación das obras de conservación e mantemento a Construcións e Proxectos Abilleira, por un importe de 42.702 euros. 

Esta obra, financiada pola Deputación dentro do POS+, supuxo a renovación dun dos principais espazos culturais de Sada, sen que inclúan nin cambios na distribución, nin dos actuais parámetros estéticos da capela. 

As obras incluíron a limpeza da cuberta, a impermeabilización de puntos singulares, o picado do revestimento e a aplicación de cal, o pintado das fachadas, o selado de gretas e o pintado da forxa do campanario, así como das paredes interiores. Tamén se reparou o chan de madeira do coro e o falso teito na entrada, ademais de realizar a revisión do sistema de ventilación, co obxectivo de eliminar o alto grao de humidade do inmoble. 

A Capela de San Roque presentaba visibles deterioracións na súa fachada, desde gretas a desconchados, do mesmo xeito que no interior onde caeu parte do falso teito e presentaba problemas nas portas de madeira. 

Situada na praza de España, o inmoble, que foi reconstruído no ano 2007, ten unha única nave rectangular e conta cunha inscrición na fachada que o data en 1885. 

A concellaría de Cultura apostara o ano pasado por equipar este edificio como punto informativo e escaparate das actividades do municipio, para o que se contou tamén con respaldo económico da Deputación Provincial e desde o Concello asumíronse tanto as melloras na calefacción como pequenos arranxos, que supuxeron un investimento de 5.786 euros.

Arquivado en