A empresa concesionaria non atendeu un primeiro requirimento de posta a piques da instalación
A piques de cumprirse tres anos da inactividade da piscina municipal, o actual goberno municipal apura a súa reapertura.
Ao peche da piscina en marzo de 2020 polo COVID, e as súas posteriores restricións, súmase en xaneiro de 2021 o peche provisional ordenado polo técnico municipal, debido a patoloxías estruturais na cuberta.
A obra de reparación da estrutura de cuberta iniciouse en maio de 2022, tiña un orzamento de 500.000 euros e un prazo de execución de seis meses, que xa vencera no momento da moción de censura.
O novo equipo de goberno vén apremando desde entón a reapertura da piscina municipal. Requiriu ao concesionario, actualmente en precario, que a partir do 20 de xaneiro puxese a punto a instalación e dispuxese un servizo de información aos usuarios, que até día de hoxe non atendeu.
O propio Concello iniciou o enchido do vaso. A obra aínda non está entregada, aínda que se finalizados os traballos, e existe total seguridade.
A falta unicamente das probas de servizo, o director de obra emitiu un certificado o pasado día 19 permitindo o acceso ao concesionario para realizar a posta a punto. Existe unicamente un reducido ámbito de lugares reservados polo contratista.
Doutra banda, durante o peche da piscina, venceu o prazo do contrato da súa xestión, e o equipo de goberno ten practicamente ultimado o futuro prego que terá que ser aprobado en pleno, e servirá para licitar a nova concesión. Entre tanto, confía que o actual concesionario preste o servizo que os usuarios reclaman.