- Isabel Reimundez, concelleira de Benestar Social, enumera os datos máis salientables do orzamento da súa concellería destacando no capítulo de persoal por primeira vez a dotación dunha praza de educadora social. “A praza é por un ano e intentaremos incluila nos orzamentos do vindeiro ano xa que é totalmente necesaria esta labor nos servizos sociais.”
- Increméntanse notablemente as partidas destinadas a emerxencia social, cunha cantidade de 53.600€, a de actividades de envellecemento activo, que pasa de 24.000 euros a 39.500 euros, e o servizo de axuda no fogar que reforzase pasando de 250.000€ no orzamento de 2013 a 325.000€ no do 2016.
- Ademáis vanse acometer investimentos na Escola Infantil Flora Ramos creando unha partida nova de 15,000€ para melloras e adaptacions no edificio e para as actividades destinadas a nenos e nenas de 0-3 anos se inclúe unha partida de 4000€.”
Sada 6 febreiro 2016.
Os orzamentos aprobados no pleno do pasado mes de xaneiro inclúen numerosas partidas da concellería de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, que vense incrementadas sustancialmente por elo a concelleira non dubida en afirmar que “é con toda seguridade o orzamento máis social na historia de Sada.
En protección social increméntanse as previsións de dependencia, increméntanse a partida de emerxencia social, increméntanse as actividades sociais e dótase dunha partida para o mantemento do Centro de Día”. Facendo un repaso das partidas orzamentarias da súa área Reimundez enumera os datos máis salientables. No capítulo de personal, sinala a concelleira,orzamentase por primeira vez unha praza de educadora social. “A praza é por un ano e intentaremos incluila nos orzamentos do vindeiro ano xa que é totalmente necesaria esta labor nos servizos sociais.”
Outra das partidas que increméntanse notablemente son a destinada a emerxencia social, cunha cantidade de 53.600€, a de actividades de envellecemento activo, que pasa de 24.000 euros a 39.500 euros, e o servizo de axuda no fogar que reforzase pasando de 250.000€ no orzamento de 2013 a 325.000€ no do 2016.
Pero non só se aumentan partidas, tamén se crean novas accións na concellería de Benestar Social coma actividades de diversidade funcional. “Abordamos por primeira vez con gasto municipal, indica Isabel Reimundez, as actividades e saidas de ocio destinadas a persoas con diversidade funcional. Deste xeito o concello cubre 6 meses do ano e a subvencion da Deputación o resto asegurandonos que os usuarios teñan continuidade nas actividades os doce meses do ano.
“Ademáis, prosegue a concelleira, imos a acomenter investimentos na Escola Infantil Flora Ramos creando unha partida nova de 15,000€ para melloras e adaptacions no edificio e para as actividades destinadas a nenos e nenas de 0-3 anos incluimos unha partida de 4000€.”
Pero no serán as únicas partidas que se creen no orzamento do 2016. Áreas coma o voluntariado inclúen novas partidas, concretamente para o fomento do voluntariado. “No 2013, relata Reimundez, soamente se cubría o seguro do voluntariado (200 euros) agora se crean plan de fomento con 2000 euros para promover esta iniciativa.”
Ademáis se inclúen 30.000€ euros para eliminación de barreiras arquitectónicas; 6.000€ para traballar nos centros educativos temas como a prevencion de drogas, violencia machista e informacion afectivo-sexual; 5.000€ destinados a todo tipo de actos que promovan a igualdade e 1.000€ para a Campaña informativa á cidadania do que ofertan os servizos sociais do noso concello.
Isabel Reimundez cree que os orzamentos “reflexan, coma di o alcalde, una forma de facer política enfocada na xente, primando as necesidades sociais”.