BASES PREMIO JOSÉ LUIS MURUZÁBAL
Un ano mais, e xan van cinco, o Consorcio As Mariñas convoca o Premio José Luis Muruzábal a experiencias innovadoras no ámbito da saúde mental. É o xeito co que o Consorcio As Mariñas decidiu por unanimidade render homenaxe a unha persoa loitadora coma "Muru" que tanto traballou para visibilizar e dignificar ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias.
Ddesde a concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Sada animan á participación neste premio que está aberto a tódolos profesionais do ámbito da psquiatría, psicoloxía, mediciña ou ciencias sociais, tanto de xeito individual como colectivo, así como entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que desenvolvan, no seu ámbito de traballo, programas relacionados cos ámbitos sociolaboral e/ou socioeducativo.
O prazo de recepción de traballos está aberto ata o 17 de setembro. O xurado valorará a innovación, aplicación práctica, alcance, claridade ou implantación do traballo presentado.