A Concellería de Emprego organiza un curso de poda

18 / FEB / 2019

A Concellería de Emprego organiza un curso de poda

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso de poda

Inscrición en liña

A finalidade desta acción formativa é que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para realizar a poda de árbores frutais e kiwis.

A formación de 10 h. de duración estará impartida por Francisco Otero Otero, Enxeñeiro Agrónomo e técnico especializado da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e consta de dous partes, unha teórica na que se abordarán os aspectos básicos e outra práctica dedicada a poda.

Os contidos son:

1) Principios de poda

  • a) Épocas de poda
  • b) Incisións e anillados
  • c) Útiles de poda

2) Poda de formación

  • a) Tipos de sistemas de formación: vaso, palmeta, pirámide, etc.
  • b) Eixo central
  • c) Poda de kiwi: T- baar

3) Poda de frutificación e aclareo de froitos

  • a) Órganos frutíferos e vexetativos
  • b) Poda de frutificación en froitas de pebida
  • c) Poda de frutificación en froitas de óso
  • d) Poda de frutificación en kiwi
  • e) Aclareo manual e químico

4) Prácticas de poda. Árbores froiteiras con pebida, óso e kiwi

Datas e horario:

Parte teórica, o 25 e 26 de febreiro de 2019 de 19:00 a 21:30 h. e 28 de febreiro de 16:00 a 18:30 h.

Parte práctica, decidirase data e hora ao longo do curso en función da climatoloxía.

Lugar:

Centro Social de Veigue, Lg. Fraga, 2- 15169 Veigue, Sada,

Prazas: 25

Coste:

15 €. Plan de Formación Municipal para o Emprego do Concello de Sada (FORME)

Inscrición:

Todas as persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través do teléfono: 881.929.057 ou premendo aquí 

 

Arquivado en