A Concellería de Cultura, Comercio e Turismo de Sada anima aos comerciantes a sumarse aos Días Azuis do Comercio Galego

30 / MAI / 2023

A  Concellería de Cultura, Comercio e Turismo de Sada anima aos comerciantes a sumarse aos Días Azuis do Comercio Galego

Poderán participar todos os clientes do comercio de proximidade de Sada que merquen do 5 ao 25 de xuño en establecementos adheridos á campaña.

Dende o Concello repartiríanse entre os comerciantes un pack composto dunha gráfica da campaña, dun cartel informativo para colocar nun lugar visible do establecemento e folletos circulares, para distribuir entre os clientes ademais dunha carta explicativa coas bases da campaña. Desde hoxe poden recoller o material nas dependencias da Concellería de Cultura, Comercio e Turismo na terceira planta do edificio administrativo do Concello de Sada.

O Concello de Sada colabora coa Federación Galega de Comercio na nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego e anima ao comercio local a participar na campaña que se desenvolverá entre os días 5 e 25 de xuño ao carón da Xunta de Galicia, ABANCA e as Federacións Provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos dos concello de toda Galicia.

A dinámica da campaña é mercar nos establecementos do comercio sadense e rexistrar a compra e a fotografía do ticket en www.diasazuis.com; ou ben que a rexistre o comerciante en www.diasazuis.com/comercios, duplicando deste xeito a participación do cliente no sorteo.

Dende o Concello repartiríanse entre os comerciantes un pack composto dunha gráfica da campaña, dun cartel informativo para colocar nun lugar visible do establecemento e folletos circulares, para distribuir entre os clientes ademais dunha carta explicativa coas bases da campaña.

Entre o 5 e o 25 de xuño de 2023, ambos engadidos, todas as compras que se rexistren entrarán nun sorteo ante notario (o 29 de xuño de 2023) de 12.000 euros en premios para os clientes. Os premios estarán repartidos en 24 tarxetas prepago de 250 euros e 40 tarxetas prepago de 150 euros.

A Concellería de Promoción Económica queda a disposición dos e das comerciantes sadenses para calquera aclaración ou consulta ao respeto e informa que o prazo para participar nos “Días Azuis”  

 

 

Arquivado en