- As actuacións centraranse na reparación de humidades do edificio, o investimento en medidas de seguridade e a instalación de toldos para crear zonas de sombra nos xardíns.
- Isabel Reimundez sinalou que desde hai anos “existe unha demanda dos pais para que se cubra parte do xardín onde os escolares e poidan ter unha zona de sombra”, ademais sinalou a concelleira “o edificio necesita certas obras de mantemento e seguridade que lle transmitimos á xerente do Consorcio”.
Sada, 8 xullo 2016.
O alcalde de Sada, Benito Portela, acompañado pola concelleira de Benestar Social, Isabel Reimundez e o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro, reuníronse o pasado martes coa xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, María del Carmen García Campelo, na escola infantil Galiña Azul de Mondego para examinar as actuacións que nos próximos días levarán a cabo nas instalacións da citada escola.
Isabel Reimundez sinalou que desde hai anos “existe unha demanda dos pais para que se cubra parte do xardín onde os escolares poidan ter unha zona de sombra”, ademais, sinalou a concelleira, “o edificio necesita certas obras de mantemento e seguridade que lle transmitimos á xerente do Consorcio”.
En total o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar investirá 15.000€ nas distintas actuacións que se van a levar a cabo durante os meses de xullo e agosto, para non interferir co desenvolvemento do curso escolar, e que serán supervisadas polo Concello.
Entre estas están a reparación de humidades do edificio, o investimento en medidas de seguridade e a instalación de toldos para crear zonas de sombra nos xardíns.
Carmen García Campelo valorou as deficiencias que existen na escola infantil Galiña Azul e as posibles melloras que se poden levar a cabo e comprometeu a cantidade de 15.000€ para as ditas actuacións.