-Durante o primeiro cuadrienio de vixencia do Plan preténdese acometer as actuacións máis importantes e necesarias para completar a estrutura básica fundamental do territorio de Sada, como a ampliación do CEIP Sada e seus Contornos, a expropiación de terreos para crear Espazos Libres nas Brañas que correría a cargo exclusivamente do Concello, as melloras das estradas do Concello ou a mellora das infraestruturas de saneamento e abastecemento de auga. O investimento previsto neste primeiro cuadrienio é de 4.205.240 euros.
Sada, 10 abril 2017
A aprobación definitiva do PXOM porá en marcha súa estratexia económica cun investimento total de 11.785.987 euros. A estratexia abrangue os dezaseis anos de vixencia do PXOM e se divide en catro cuadrienios.
Durante o primeiro cuadrienio de vixencia do Plan preténdese acometer as actuacións máis importantes e necesarias para completar a estrutura básica fundamental do territorio de Sada, como por exemplo, a ampliación do CEIP Sada e seus Contornos, a expropiación de terreos para crear Espazos Libres nas Brañas que correría a cargo exclusivamente do Concello ou as melloras das interseccións entre as estradas do Concello e as que son de titularidade provincial e autonómica, nas que os organismos dependentes serían o Concello, a Deputación e a Xunta de Galicia ou a mellora das infraestruturas de saneamento e abastecemento de auga. O investimento previsto neste primeiro cuadrienio é de 4.205.240 euros.
No segundo cuadrienio cunha inversión total de 6.336.941 euros se prevé acometer actuacións como a construción do novo centro de Saúde (entre o Concello e a Xunta de Galicia), a reurbanización da Avenida da Mariña no núcleo de Sada, a expropiación de terreos na costa para crear o gran parque público de Fontán ou a expropiacións de terreos para dotar de aparcadoiros públicos ás praias de Cirro e San Pedro.
No terceiro cuadrienio, prevese actuacións como a ampliación do cemiterio de Sada ou a dotación de aparcadoiros aos cemiterios de Soñeiro, Veigue e Mondego. A inversión total neste período é de 1.243.806 euros.
O cuarto cuadrienio constitúe un período de reserva no cal terán cabida as actuacións remanentes ou fóra de prazo en atención a situacións sobrevidas ou a modificacións no sistema de actuacións.
A aprobación definitiva do PXOM servirá para acometer todas aquelas obras que levan anos demandando a cidadanía de Sada, xa sexan obras do sistema viarios ou das infraestruturas de servizos que constitúen a parte activa e dinámica do planeamento.
O Concello de Sada de acordo co programa de actuación do PXOM irá incorporando aos seus orzamentos estes investimentos e demandará ás outras administracións públicas implicadas no desenvolvemento das actuacións que así o fagan nos seus.