A MARABILLOSA VIAXE DA PINGA PINGONA

18 / OUT / 2024

A MARABILLOSA VIAXE DA PINGA PINGONA

A concellería de Cultura programa o venres 18 de outubro ás 18:30h na Casa da Cultura Pintor Lloréns o espectáculo para público infantil "A MARABILLOSA VIAXE DA PINGA PINGONA". colabora e financia a Deputación da Coruña

As primeiras 20 familias que o desexen terán a oportunidade de seguir o espectáculo desde o propio escenario e o resto gozarán do mesmo desde o patio de butacas. A Casa da Cultura abrirá ás 18:00 horas para que as familias que desexen apuntarse podan facelo por orde de chegada até cubrir as 20 prazas destinadas a familias no escenario.

ENTRADA LIBRE ATÉ COMPLETAR AFORO

Contos danzados para explorar múltiples emocións a través da lingua e da música que terán como protagonistas a amizade, o respecto e a natureza. Unha fermosa historia de empatía, escoita, comprensión e amizade, mentres exploramos elementos dos mar, o ceo, a terra e o ciclo da auga.

 

Arquivado en