-A Mostra de Teatro Afeccionado de Sada que comenzou o pasado fin de semana prosegue os días 9 e 10 de este mes coas obras "O conflicto Papin. As irmás asasinas", adaptación de Sepu Sepúlveda da compañía alcobendense Lomascrudo Teatro e coa obra "Alba. A casa pechada", adaptación da obra de Federico García Lorca da compañía luguesa Nostrum Cai.
Sada 6 abril 2016
Desde a Concellería de Cultura, xestionada por Marcos Villar, tachan de éxito a primeira xornada da XII edición da Mostra de Teatro de Sada na que as compañías da comarca FarandOleiras (Oleiros) e A.T. Mariñán (Betanzos) conseguiron unha asistencia media do 80% da capacidade do Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns e unha alta participación nas votacións para o premio do público que se desvelará o próximo 16 de abril.
Como é habitual na Mostra de Sada, o público ten un papel protagonista á hora de otorgar os premios finais do certame. Tras cada representación, os asistentes poden expresar a súa valoración das obras presenciadas, a través de papeletas que se entregan á saída. Coas votacións determinarase a compañía gañadora do Premio do Público da XII Mostra de Teatro Afeccionado. Ademáis, un xurado formado por persoas relacionadas co mundo do teatro aportará as súas propias valoracións para determinar o Premio do Xurado. O sábado 16 de abril celebrarase a entrega dos Premios Lugrís Freire, tanto os do xurado da Mostra como os otorgados polo público, ademáis farase entrega das estatuiñas oficiais do certame, deseñadas polo escultor sadense Rubén González
“Este ano recibíronse un total de 32 obras a concurso da Mostra de Teatro, tanto de Galicia como doutras comunidades, polo que foi un traballo duro o de seleccionar os definitivos catro espectáculos xa que se recibiron traballos de grande calidade”, sinala Marcos Villar quen ademáis adianta que a Mostra terá unha grata sorpresa para o seu peche. “Recoñecemos que algunha das compañías non seleccionadas podía perfectamente estar por méritos propios no cartel desta edición, e é por iso que se decidiu convidar a unha delas a poñer o peche na gala do vindeiro 16 de abril”.
Trátase da compañía Andaravía Teatro. Esta compañía de Vedra ven de organizar a XIII edición do seu propio festival, o recoñecido Teatrofilia. “No noso escenario representarán a obra Maniféstate!, de Manuel Cortés, dirixida por Paula Carballeira”.
A Mostra de Teatro Afeccionado de Sada que comenzou o pasado fin de semana prosegue os días 9 e 10 de este mes coas obras "O conflicto Papin. As irmás asasinas", adaptación de Sepu Sepúlveda da compañía alcobendense Lomascrudo Teatro e coa obra "Alba. A casa pechada", adaptación da obra de Federico García Lorca da compañía luguesa Nostrum Cai.
“O conflito Papín. As irmás asasinas", adaptación da obra de J.Genet "As criadas" por Lomascrudo Teatro de Alcobendas.
A próxima obra que se representará na Casa da Cultura de Sada dentro da Mostra de Teatro virá a cargo da compañía Lomascrudo Teatro que conseguiu varios premios en certámenes teatrais nos últimos anos como o premio á mellor obra, mellor dirección (Sepu Sepúlveda) e mellor actriz (Begoña Sánchez-Somolinos) no IX Certame Nacional de Teatro San Juan Evanxelista (Madrid); o premio á segunda mellor obra no VIN Certame Nacional de Teatro Vila de Conil (Conil de la Frontera, Cádiz) e o premio á mellor actriz principal (Begoña Sánchez-Somolinos) no XII Festival Nacional de Teatro Afeccionado Martin Arjona (Herrera, Sevilla).
A cita terá lugar o sábado 9 de abril as 20:00 horas coa adaptación de "As criadas", a obra máis emblemática de Jean Genet, é á súa vez a historia na que se inspira parte dun feito real: o asasinato dunha dama burguesa levado a cabo polas súas propias criadas, as irmás Papin. O crime conmoveu ao mundo pola súa brutalidade e aparente falta de motivo; as criadas autoinculpáronse, negáronse a ser defendidas e foron condenadas a trinta anos de prisión. Genet parte deste suceso para compor o seu drama, que foi estreado en París o 19 de abril de 1947.
Todo o que vemos en escena trátase dun ritual, dunha cerimonia na que se interrelacionan permanentemente dous planos: o da realidade e o desexo; o dos poderosos e o dos oprimidos.
É un fermoso texto, linguaxe de altos voos, sen dúbida, o desta peza a través da cal asistimos ás reviravoltas e contradicións de tres almas de muller. Os diálogos teñen o gran poder de sugestión que adquire neles as imaxes oníricas, os atrevementos expresivos.
Os personaxes son símbolos e a trama unha parábola, unha inquietante parábola da humillación de quen serven, de cuantos ven obrigados a servir e a tragarse os seus soños; a servir a unha Señora, a servir a un sistema opresor, de valores opresores. Claro que o rescoldo existencial aviva o malditismo das súas heroínas que acaban entendendo a vida como paixón inútil, mentres van deslizándose cara ao abismo, cara aos brazos perfumados do diaño. E todo iso para mostrarnos o lado oculto da moral ao uso, o lado rastrero das convencións establecidas.
A obra explora sen concesións a dialéctica da opresión, e que explora sen ambigüidades o odio de clase que conduce inexorablemente cara a un crime difícil de comprender, un crime totalmente ilexítimo desde o punto de vista das relacións burguesas.
No marco da programación da mostra o domingo, día 10 de abril as 20:00 horas o grupo lucense Nostrum Cai Teatro Danza presenta a obra: Alba. A casa pechada, unha creación colectiva de Nostrum Cai Teatro sobre a idea de Lorca.
Tres irma?s privadas de liberdade desatan celos e paixo?ns. Desafi?an a moral establecida e o despotismo dunha nai oue se interpo?n entre elas e os homes. O intento por quebrara tirani?a da nai a? que non poden vencer leva a un destino tra?xico.
As interpretes desta obra que poderase ver en Sada o domingo 10 as 20:00 horas son Laura García como Bernarda, Raquel López como Alter Ego de Bernarda, María Grandío como Adela, Mar Freire como Martirio, Esther Pedrouzo como Angustias, Lola Fdez como Mª Xosefa. A adaptación, dirección e dramaturxia e de Lola Fernández.