O concello de Sada ven de reforzar con catro novas incorporacións a plantilla da Policía Local que realizará turnos de 24 horas no Estado de Alarma
Sada, 24 marzo 2020.
Logo duns días de advertencias e colaboración cos veciños a Policía Local de Sada está permanentemente na rúa tanto para atender as necesidades da veciñanza como para facer cumprir as abrigas ditadas polo Decreto do Estado de Alarma.
Desde a entrada en vigor do Estado de Alarma e ata o 23 de marzo a Policía Local de formulou un total de 40 denuncias por diversos motivos: Incumprir as normas sobre utilización dos vehículos; saír á rúa co can, estando a máis de 1 km. do domicilio; trasladarse dende outros concellos para facer compra; reunións de varias persoas na rúa; desprazamento de outros concellos para asistir a actos relixiosos, etc.
O concello de Sada ven de reforzar no mes de marzo con catro novas incorporacións a plantilla da Policía Local que realizará turnos de 24 horas durante todo o tempo que dure o Estado de Alarma, garantizando a cobertura de todas as horas, incluídas as noites.
Desde o Concello de Sada se insiste en que se velará pola seguridade de todos con toda a veciñanza cos medios que temos, e agradecen o comportamento correcto da maioría dos veciños cumprindo co ditado polas autoridades.