A terceira edición da Cervefeira ofrece máis de 30 tipos de cervexa artesá

28 / SEP / 2017

A terceira edición da Cervefeira ofrece máis de 30 tipos de cervexa artesá

A Feira da Cervexa Artesá de Sada terá lugar do 29 de setembro ao 1 de outubro nunha carpa instalada na praza Irmáns Suárez Picallo e contará ademáis con food-trucks, música ao vivo de diversos estilos e  fútbol Gaélico

 

Sada 27 setembro 2017.

A Cervefeira Artesá convoca nesta terceira edición a produtores que ofrecerán máis de 30 tipos de cervexa artesá entre as que mesmo se poderán degustar variedades creadas recentemente e que estrearán en Sada.

O programa de actividades aposta pola variedade e a calidade xa que máis dunha treintena de artistas actuarán ao longo dos tres días que dura a Cervefeira interpretando folk, rock, pop, danza tradicional ademáis de varias sesións de Dj's de diversos estilos musicais.

A Cervefeira contará con food-trucks e a participación de seis equipos de fútbol Gaélico que xogarán o sábado pola tarde e o domingo pola mañá.

A Cervefeira segue a perseguir o obxectivo de por en valor aos produtores sadenses (Artabria e Bándua) e tamén a artistas da localidade coma Susete Deluxe, Nova Troula, El Monstruo, Queiroa, A Meda ou Ruta  77 ademáis de empresas sadenses coma Ecógrafos ou Os Lanuxos dos que se sortearán agasallos.

O domingo pola tarde desde ás 17:00 horas haberá ademáis máís de 30 xogos tradicionais para cativos nunha actividade realizada con monitores nun espazo que este ano é máis grande e inclusivo.

Arquivado en