A Xunta de Galicia publica no DOG o anuncio de aprobación do Plan Xeral de Sada

29 / NOV / 2017

A Xunta de Galicia publica no DOG o anuncio de aprobación do Plan Xeral de Sada

Con data 29 de novembro a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de outubro de 2017 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Sada.

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada

Sada 29 de novembro 2017

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de conformidade co disposto nos artigos 61 e 83.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 1 e 4 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

En consecuencia, e visto os antecedentes, a consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio  resolveu outorgar a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal de Sada.

A partir de agora e de conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Sada no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Asemade de conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local, o concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente, unha vez inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

 

Arquivado en