31 / MAR / 2016
O goberno local convocou onte ás 22:30 horas unha Xunta de Portavoces Extraordinaria por mor das inundacións que sufriu Sada e para dar conta dos pasos que se levaron a cabo.
Á Xunta de Portavoces acudiron os portavoces de cada grupo político da corporación sadense. Sadamaioría - PSOE- BNG- PP e PDSP.
Na reunión acordaron facer hoxe no Pleno Ordinario, que se celebrarás as 20:00 horas na Casa do Concello, unha declaración institucional para solicitar que se declare Sada zona catastrófica