O Alcalde de Sada, Benito Portela, reclama que de xeito inmediato se leve a cabo unha interlocucion e negociacion a nivel metropolitano entre a Xunta e os concellos da Comarca de A Coruña para consensuar e definir,as liñas, as frecuencias e o xeito de implantar o proxecto de explotación.
Sada, 25 xaneiro 2020.
No día de onte publicouse o Proxecto de Explotación do Plan de Transporte Público de Galicia, servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada, este proxecto non inclue cuestións que o goberno de Sada consdidera fundamentais para implementar no futuro proxecto de explotación XG881, Leste da comarca da Coruña, o establecemento dunha liña directa aos campus universitarios da Univerisade de A Coruña e a inclusión dunha liña que vertebre o corredor oeste do Concello de Sada.
Os concellos de Sada e Oleiros son dos que máis alta poboación xuvenil acollen e dado o elevado número de estudantes residentes nestas áreas, polo tanto reclámase unha liña directa á UDC para evitar transbordos e facer percorridos moi longos, ou ter a posibilidade de facer os transbordos cos buses urbanos da Coruña nun punto anterior aos accesos a cidade para disminuir os tempos e facer uns traxectos mais eficientes e funcionais, ao tempo que se disminúe a circulación de vehículos privados na estrada.
Doutra banda, actualmente a parte oeste do concello é unha zona absolutamente carente de alternativas ao vehículo privado, onde a súa poboación ten unha media de idade alta, da cal unha porcentaxe importante da mesma carece de permiso de conducir.
A liña suxerida conectaría os centros de atracción e xeradores de viaxes de tipo industrial, como son os Polígonos de Bergondo, Espíritu Santo e Arco Iris co núcleo urbano de Sada, polo que a afluencia de usuarios sería considerable, xa que daría servizo a puntos de considerable importancia pola cantidade de usuarios, tales como son o Centro de Saúde, o IES Isaac Díaz Pardo e a EIM Flora Ramos, así como a zoa deportiva de Sada.
Sada non entende como non foron atendidas as alegacións efectuadas no proceso de información pública, en canto son necesidades perentorias para a poboación de Sada, "consideramos inaceptable o proxecto proposto e sorprende que non foran incluidos sevizos de interese municipal, onde é o concello o que asume o déficit de explotación, sen ter mantido reunións previamente coas entidades locais", sinala Benito Portela.
Non obstante, o Alcalde de Sada reclama que de xeito inmediato se leve a cabo unha interlocucion e negociacion a nivel metropolitano entre a Xunta e os concellos da Comarca de A Coruña para consensuar e definir,as liñas, as frecuencias e o xeito de implantar o proxecto de explotación.