ABERTA A INSCRICIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAS E DE HOSTELERÍA PARA O TRUCO OU TRATO DO SAMAIN 2019

04 / OUT / 2019

ABERTA A INSCRICIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAS E DE HOSTELERÍA PARA O TRUCO OU TRATO DO SAMAIN 2019

A concellería de Mocidade programa a actividade do"Truco ou Trato" dentro das festas do Samain Sada 2019. Esta proposta vai destinada ao conxunto de establecementos comerciais e de hostalaría sadenses. 
 
 
Nesta actividade cada local recibirá do Concello de Sada unha cantidade de golosinas para repartir na tarde de Samaín (xoves 31 de outubro) aos nenos/as que participen no Truco ou Trato. 
 
As lambonadas deberán ser recollidas  na Oficina da Xuventude nas datas que se indiquen posteriormente a través dun correo electrónico aos establecementos que se sumen á esta actividade.
 
O Concello promoverá o evento do Samaín a través dos seus soportes dixitais, facendo mención destacada dos establecementos que participen e que serán recoñecibles polo distintivo nos seus escaparates. 
 
 

Arquivado en