A concellería de promoción Económica, Turismo e Emprego abre o prazo de inscricción para a feira de Oportunidades “Sada Comercio 2021” que terá lugar o 13 e 14 de marzo detrás do edificio de A Terraza.
BASES DE PARTICIPACIÓN NA FEIRA DE OPORTUNIDADES SADA COMERCIO 2021
SOLICITUDE DE PARTICIPACION NO SADA COMERCIO 2021
Sada, 26 febreiro 2021.
A concellería de promoción Económica, Turismo e Emprego abre o prazo de inscricción para a Feira de Oportunidades “Sada Comercio 2021” conforme as seguintes bases que teñen por obxeto establecer as condicións e o procedemento de outorgamento da autorización da ocupación de terreos de uso público para instalación de diferentes postos de venda de diversas mercadorias por parte do comercio e da hostalaría local, nas carpas situadas a tal fin na praza situada detrás da Terraza, os dias 13 e 14 de marzo do presente ano.
O número mínimo de postos requeridos para levar a cabo o evento serán dez e un maximo de vinte, podendo tomar parte nesta feira calquera establecemento ou comerciante do Concello de Sada que presenten a solicitude en tempo e forma.
Os e as participantes poderán solicitar ata dous postos por persoa física ou xurídica (debendo aboar doblemente a tasa, nese caso); no caso de que as solicitudes superen o número máximo de postos habilitados, o segundo posto solicitado concederase por sorteo entre os e as solicitantes.·
Normativa reguladora
As instancias solicitando tomar parte na Feira Sada Comercio 2021 presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica de Sada (sada.gal) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
O pago da taxa regulase pola ordenanza fiscal nº 16, reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público, industrias da rúa e ambulantes e rodase cinematográfico.
Inscripción , prazo de presentación e documentación requirida
O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días desde a súa publicación na páxina web do Concello de Sada (remata o luns 8 de marzo ás 14:00 horas). En cumplimento da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administración pública no artigo 14 as personas xurídicas deberan relacionarse de manera electrónica coas administracións publicas.
En casos expecionais e debidamente xustificados antes a Concellería de Promoción Económica do Concello de Sada poderá realizarse no Rexistro do Concello con cita previa obrigatoria. As solicitudes deberán enviarse no modelo de inscrición debidamente cumprimentado (Anexo I), xunto con fotocopia do DNI e o recibo do pago das taxas.
As taxas abonaránse no seguinte número de conta, indicando o nome da persoa que vai ser titular do posto e o concepto “TAXAS- SADA COMERCIO MARZO 2021”: ABANCA ES 40 2080-5161-85-3110007604
A cuantía a ingresar será de 30€ por día.
Montaxe e Horarios
A montaxe levarase a cabo o día venres 12 de marzo a partir das 20h.
A desmontaxe levarase a cabo o día Domingo 14 de marzo a partir das 21:00h. O horario de venta ao público os días da feira será das 11:00 ás 21:00 horas o sábado e de 12:00 ás 21:00 horas o domingo.
Os e as participantes comprométense a cumprir co horario de apertura e peche sendo este ininterrompido así como as medidas de seguridade e de control de aforo no recinto. A organización garantiza o servizo de seguridade nocturna no recinto acotado para as noites do 12 e 13 de marzo.
A organización non se fai responsable do contido do posto no horario de apertura da feira.
Asignación de Espazos e ubicacións da Feira
A asignación dos espazos corre a cargo da organización, buscando o consenso cós e coas participantes; en caso de non acadarse, será por sorteo debido as limitacións do espazo existente. O espazo individual a ocupar será de 3x3 m2 .
A distribución dos postos poderá ser modificada por este Concello por causas organizativas. ·
Aceptación de Solicitudes. A organización resolverá as solicitudes e notificará a concesión de posto entre os días 8 e 9 de marzo do 2021.
Servizos Facilitados
- Carpa tipo haima de 3x3m
- Puntos de luz na Feira.
- Os e as comerciantes que desexen conectarse á luz deberán levar unha regleta homologada e os dispositivos de luz dos que dispoñan.
- Taboleiros, mesas e cadeiras para os e as participantes.
- Cartelería identificativa que sirva de información e publicidade do evento.
- A organización disporá diversos contedores de lixo no recinto.
- A organización non se responsabilizará dos roubos ou danos que se poidan ocasionar.
- Seguridade nocturna.
- Información sobre as medidas de seguridade e material de protección fronte a COVID-19
- Non haberá provadores por razóns se seguridade sanitaria.
- A organización reservase o dereito a dar por finalizada a actividade de calquera posto que non se adapte aos requisitos establecidos nesta convocatoria ou no caso de incumplimento evidente das normas de seguridade e de aforo.
O envío da solicitude (Anexo I) supón o coñecemento e aceptación das presentes bases.