08/10/2019 - Listado definitivo Galiña Azul Sada
01/06/2019 - Listado definitivo admisión Galiña Azul Curso 2019-2020
Listado provicional admisión Escola Infantil Galiña Azul
Listas provisionais do baremo extraordinario de setembro da Escola INfantil de Sada - A Galiña Azul
Sada, 17 marzo 2019.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as tres resolucións, que por primeira vez inclúen como requisito o cumprimento do calendario de vacinación oficial para acceder a un centro público ou praza concertada. Orde para Escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, orde para Escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e orde para prazas públicas en escolas infantís de titularidade privada.
Ao respecto desta nova exixencia cómpre indicar que as familias contarán con 8 días unha vez confirmada a adxudicación da praza no DOG para presentar no centro correspondente o impreso de matrícula debidamente cuberto e unha copia da cartilla de vacinación da súa filla ou fillo.
O obxectivo desta medida, que conta co amparo da lexislación vixente e conta co respaldo da ampla maioría dos profesionais médicos, axudará a garantir a protección da saúde nestes espazos públicos. Así mesmo, recolle a posibilidade de presentar a solicitude fóra do prazo establecido para as galegas e galegos que residiran fóra de España e retornen a Galicia durante o ano 2019, para facilitarlles o regreso.
As prazas da rede autonómica da Galiña Azul e as contratadas en escolas privadas compleméntase coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e naquelas que dependen dos concellos.