Accións formativas da AEDL do Concello de Sada

20 / MAI / 2016

Accións formativas da AEDL do Concello de Sada

O Concello de Sada organiza dentro do I Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), dúas accións formativas:

Curso de manipulación de alimentos, de interese para todas aquelas persoas que están en contacto con comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral. O Obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010)que está vixente na actualidade, e para:

- Concienciar dos perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos

- Coñecer as causas que provocan intoxicacións alimentarias

- Saber aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar a contaminación dos alimentos

- Realizar unha limpeza e desinfección correcta dos utensilios e das instalacións

- Levar a cabo un aseo e unha hixiene persoal correcta

- Adquirir os coñecementos básicos do Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) e das Guías de Prácticas correctas de Hixiene (GPCH) a aplicar na área específica de traballo

- Cumprir e coñecer a lexislación sanitaria vixente referente aos manipuladores de alimentos

Data e hora: martes 24 de maio de 2016 de 16:00 a 19:00 horas

Lugar: baixos do local da OMIX

Duración: 3 h.

Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello

Certificado de Manipulador de alimentos con carácter permanente.

Curso de Formación para a implantación do Regulamento (UE) Nº 1169/2011 sobre declaración de alérxenos, de interese para as persoas que traballen no sector da alimentación de Sada (restaurantes, peixerías, panadarías, carnicerías, etc?..) coñezan este novo requisito legal, as súas esixencias e o modo de levar a cabo unha adecuada implantación.

Coa aprobación do Regulamento -UE- nº 1169/2011, búscase igualar en dereitos ás persoas alérxicas e intolerantes, ao resto. Mediante a nova regulamentación preténdese facilitar a información dos alimentos con alérxenos para que calquera cidadán saiba que pode comer ou que non pode comer, en igualdade de condicións que outra e sen ter que identificarse nin pedir trato especial.

En definitiva, todo prato/alimento que sirvamos/vendamos e que conteña alérxenos, deberá contar coa información adecuada.

Tal como está exposto no regulamento, a presenza non declarada dun alérxeno nun alimento, considérase un perigo alimentario comparable coa presenza dunha salmonela. Como consecuencia, e segundo a lei vixente, dunha mala praxe neste senso pódense derivar responsabilidades penais (prisión, multas e inhabilitacións para profesión, oficio, industria ou comercio, segundo os casos).

Data e hora: martes 31 de maio de 2016 de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas.

Lugar: Baixos do local da OMIX.

Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello

Para realizar calquera dos cursos, debese cubrir o seguinte formulario de inscrición ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 981.620.075

 

Arquivado en