-"A finalidade da iniciativa, destaca a concelleira socialista de Educación Raquel Bolaño, é devolverlle a ilusión a os cativos e cativas, devolverlle a ilusión as familias, ilusionar Sada"
Sada 16 novembro 2016.
As Concellarías de Educación, Xuventude, Saúde e Cultura e Praias do Concello de Sada organizan a segunda edición “Acende o Nadal” que consiste na selección mediante sorteo dunha familia sadense que será a encargada de realizar o acendido navideño do ano 2016 o venres 2 de decembro na Praza de San Roque.
"Se trata dunha actividade, indicou esta mañá Raquel Bolaño, cuxo valor real se encontra na parte emotiva, o ano pasado recibimos correos maravillosos, recordo un en concreto onde a nai duns cativos preguntaba si podían levar o can á foto porque os nenos decían que tamen era da familia. Estos son os valores que destacamos con esta actividade. Escapar da parte materialista do Nadal e centrarnos no importante que son outras cousas".
Poderán participar neste sorteo todas as familias empadroadas no Concello de Sada. Só se admitirá unha inscrición por unidade familiar (que viva no mesmo domicilio) que será entregada ou enviada á OMIX, ben persoalmente ou a través do correo electrónico (omixsada@gmail.com) adxuntando a folla de inscrición que se atopará na páxina web (www.concellodesada.com) . O prazo para presentar as inscricións será do 15 ao 28 de novembro (inclusive) ás 18:00h. a través de calquera das formas de presentación dispoñibles.
O sorteo para determinar a familia que acenderá o alumbrado de Nadal de Sada celebrarase o día 29 de novembro ás 12:00 h. no local de actividades da Oficina da Xuventude e estará aberto a todas as familias que así o desexen.
"Acende o Nadal, sinala a concelleira socialista de Educación Raquel Bolaño, tivo unha moi boa reposta o ano pasado o que nos levou a apostar por unha segunda edición e as que sigan".
A familia gañadora poderá invitar a todos aqueles membros da súa familia ou achegados cos que desexen realizar unha foto de familia nese acto. Non hai límite no número de persoas invitadas. Ademáis se lles regalará como recordo unha fotografía do momento do acendido e varias copias para que distribuan entre os seus familiares.
"Queremos, destacou a concelleira de Educación, que a cidadanía faga seu o acendido, como algo propio e simbólico, porque van ser os pregoeiros do Nadal en Sada"
As inscricións recibidas entrarán tamén nun sorteo que terá lugar o mesmo día no Acendido de Nadal. Tres das familias que tiveran presentado a inscrición poderán gañar a realización dunha foto familiar cun fotógrafo profesional no lugar de Sada que elixan. O sorteo será presencial. No caso de non estar presentes se continuará co sorteo ata adxudicar os tres premios.
No acto do acendido participarán os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Sada que interpretarán varias panxoliñas para que sexan cantadas por todos os presentes e haberá algunha sorpresa máis, indica a concelleira, para os asistentes que se achegen á praza de San Roque ao acendido navideño.