O Concello de Sada programa unha serie e actividades socioculturais dirixidas co obxectivo de fomentar o aprendizaxe, a participación e o lecer no tempo libre da cidadanía sadense.
BASES PARTICIPACIÓN
BASES PARTICIPACIÓN
LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS/AS NOS CURSO SDE BOLILLOS E HORTO
INFORMACIÓN PARA PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS CURSO 2022-2023
O pagamento dos 9 meses do curso (108 €) deberá fraccionarse en dous pagos que se establecen da seguinte maneira:
- 1º pagamento: Do 21 ao 27 de setembro: 54 €
- 2º pagamento: Do 19 ao 25 de xaneiro: 54 €
O pago realizarase mediante carta de pagamento que poderá tramitarse na Oficina virtual tributaria do Concello de Sada: no apartado Autoliquidar e pagar taxas. Deberá insertar o titular (DNI) e no apartado "Que queres pagar? " seleccionar "Actividades formativas adultos". Unha vez realizado poderá pagar con tarxeta a través de pasarela de pago CECA e posteriormente descargar documento de pago para levar á entidade bancaria
IMPORTANTE: Cada documento descargado xera un código de barras diferente para o pago na entidade bancaria, non é posible utilizalo máis dunha vez. A data límite de pago é a que está recollida nas bases de participación, NON a que aparece por defecto nesta autoliquidación de taxas. O primeiro periodo de pagamento establécese entre os días 21 e 27 de setembro (inclusive)
Tamén se facilitará o documento nas dependencias de recadación do Concello (2ª andar).
Se non se realiza o pagamento dentro do prazo indicado, a persoa coa praza adxudicada perderá a mesma e será ofrecida á seguinte persoa da listaxe de agarda se a houbese.
O XUSTIFICANTE DE PAGO DEBE SER ENVIADO A OMIXSADA@GMAIL.COM INDICANDO O NOME DO ALUMNO/A
INFORMACIÓN DOS CURSOS:
Quen pode participar?
Poderán participar nas actividades mocidade a partir de 14 anos e adultos en xeral.
Terán preferencia no acceso á praza as persoas empadroadas en Sada, o cal será comprobado de oficio.
Cursos ofertados, horarios e lugar de celebración
-Bolillos: Martes de 18:00 a 20:00 h. Centro social da Casa do Pobo de Carnoedo
-Horto Ecolóxico: xoves de 17.00 a 19.00h. Horto urbano municipal da Tenencia.
No caso da actividade de horto, o horario será modificado en función das horas de luz segundo avance o curso, polo que é imprescindible a dispoñibilidade horaria do alumno as tardes dos xoves.
Temporalización.
As actividades formativas de adultos comezarán en outubro de 2022 e finalizarán en xuño de 2023 (inclusive). Total: 9 meses
Os periodos non lectivos que se integran no calendario escolar vixente para o curso 2022-2023 non haberá clase (Nadal, Entroido, Semana Santa, etc)
Solicitudes para participar nas actividades formativas
Os/as interesados/as deberán formalizar a solicitude nas actividades a través dun:
- FORMULARIO EN LIÑA:
-
INSCRICIÓN ACTIVIDADE FORMATIVA: BOLILLOS
INSCRICIÓN ACTIVIDADE FORMATIVA: HORTO ECOLÓXICO
No caso de que existan débedas cos servizos económicos municipais, previa comprobación de oficio, non será admitida a solicitude. Poderá ser subsanada a débeda correspondente tendo que realizala antes do prazo de pagamento e sempre que haxa prazas vacantes.
Prazos de inscrición
O prazo ordinario para as solicitudes será:
Dende a súa publicación na web municipal até o día 18 de setembro (ambos inclusive).
A publicación da listaxe provisional de admitidos e de agarda, será o 21 de setembro.
Sorteo público
Para que as actividades se poidan realizar terá que haber un mínimo de 7 solicitudes ou polo contrario poderán ser canceladas.
No caso de superar a oferta de prazas ofertadas, realizaráse un sorteo público na OMIX o día 19 de setembro ás 13:00 h. para determinar os solicitantes con praza e os solicitantes en listaxe de agarda.
Cotas e periodos de pagamento:
O pagamento dos 9 meses do curso (108 €) deberá fraccionarse en dous pagos que se establecen da seguinte maneira:
- 1º pagamento: Do 21 ao 27 de setembro: 54 €
- 2º pagamento: Do 19 ao 25 de xaneiro: 54 €
Unha vez sexa confirmada a praza, os solicitantes admitidos deberán realizar o pago mediante CARTA DE PAGAMENTO que se poderá tramitar na oficina virtual tributaria do concello (www.sada.gal > Sede electrónica > Oficina virtual tributaria de Sada) ou ben se facilitará nas dependencias de recadación municipal (2ª planta)
O primeiro periodo de pagamento establécese entre os días 21 e 27 de setembro (inclusive)
Establecerase un prazo extraordinario de pagamento para persoas en listaxe de agarda e novo alumnado solicitante: a partir do 21 de setembro e en calquera momento durante o curso escolar sempre que se dispoña de prazas vacantes e pedagóxicamente sexa posible a inclusión de máis alumnado en cada actividade.
Unha vez comezado o curso non será posible realizar a devolución da cota aboada por baixa do alumno/a de forma voluntaria.
En caso de que o alumno/a non realice a pagamento da segunda cota será dado de baixa automáticamente e perderá a praza no curso que será ofertada á seguinte persoa que haxa en listaxe de agarda.