PRAZO DE INSCRICIÓN AMPLIADO
Do 16 ao 20 de outubro (ambos inclusive)
O modelo de solicitude poderse recoller no rexistro xeral do Concello, en Servizos Sociais e AQUÍ
PRECIO:
O precio establecido para as actividades é de 5€/mes por actividad.
XIMNASIA TERAPEUTICA
Exercicio físico que se concreta nunha actividade lúdica e que persegue mellorar o estado xeral da persoa a nivel físico e emocional.
Día: MERCORES ás 11 h; ás 16 h e ás 18 h - VENRES ás 11 h.
Lugar: Local Social de Riobao
PINTURA
Obradoiro enfocado a persoas que se achegan por primeira vez ás artes plásticas, como a aquelas que xa te_en nocions básicas e queren ampliar os seus coñecementos.
Día: MARTES ás 16 h e ás 18 h
Lugar: Local social de Riobao
TALLER DE REFORZO DA MEMORIA
Taller dirixido a mellorar as habilidades perceptivas e atencionais, empregando estratexias de memoria que permitan compensar efectos de alteracions da memoria coa finalidade de manter hábitos e prácticas axeitadas para favorecer a saúde en xeral.
Día: MARTES ás 11 h, ás 16 h e ás 18h.
Lugar: Local Servizos Sociais (Avda. Laguna)
RESTAURACION
Obradoiro enfocado ás persoas que queren coñecer e traballar técnicas básicas de restauracion de mobles, reciclaxe e pintura decorativa.
Día: LUNS as 18 h
Lugar: Local Social de Riobao
IOGA
Actividade dirixida a iniciación de exercicios de relaxación e respiración para conseguir un equilibrio do corpo e mente dende a conciencia do movimento.
Día: LUNS ás 16h. MARTES ás 11 h. XOVES ás 11 h.
Lugar: Local Social de Riobao.
TAI-CHI
Arte marcial dirixida a fortalecer aspectos físicos, mentais e emocionais.
Día: XOVES ás 16h. e 18 h. (NIVEL MEDIO) - VENRES ás 16 h. (INICIACIÓN e participantes que levan un ano na actividade)
Lugar: Local Social de Riobao.