A Concellería de Benestar Socia e Igualdade e Emprego programa as actividades maiores 55 anos de envellecemento activo.
03/11/2023 - LISTAXE PERSOAS ACTIVIDADES LOGO DO SORTEO DO 2 NOVEMBRO
03/11/2023 - DECRETO. Aprobación listas tralo sorteo das actividades sociais para maiores de 55 anos, e procedemento para o comezo das actividades para o curso 2023/2024.
IMPORTANTE: FORMALIZACIÓN ADMITIDOS: OS DIAS 6-7-8 DE NOVEMBRO OFICIÑAS DO CONCELLO AVDA.DA MARINA, PLANTA 2ª, HORARIO: 9 A 14 HORAS, RECOLLIDA CARTA DE PAGO PARA PAGO NO BANCO.
BASES ACTIVIDADES MAIORES 55 ANOS
DECRETO. Aprobación e exposición das listas provisionais de participantes nas actividades sociais para maiores de 55 anos, para o curso 2023-2024
LISTADO PROVISIONAL PERSOAS REXISTRADAS NAS ACTIVIDADES MAIORES 55 ANOS
ACTIVIDADES MAIORES 55 ANOS CURSO 23/24
DATA DO SORTEO: Xoves 2 de Novembro ás 11:30 horas na aula de Servizos Sociais.
O sorteo efectuarase extraendo una letra para establecer orden de prelación para cada grupo, admitíndose os 15 primeiros de cada un deles.
31/10/2023 - DECRETO. Aprobación das Subsanacións ás listas provisionais de persoas admitidas e excluídas nas Actividades sociais para maiores de 55 ANOS CURSO 2023/2024, así como da reconfiguración das listas e necesidade de sorteo onde existe mais demanda que prazas.
31/10/2023 - Listado definitivo Actividades maiores 55 anos previo a sorteo que se celbrará o xoves 2 novembro.
INSCRICIÓNS
PRAZO DE INSCRICIÓN AMPLIADO
Do 16 ao 20 de outubro (ambos inclusive)
O modelo de solicitude poderse recoller no rexistro xeral do Concello, en Servizos Sociais e AQUÍ
PRECIO:
O precio establecido para as actividades é de 5€/mes por actividad.
FOLLA DE INSCRICIÓN
ACTIVIDADES QUE SE OFERTAN:
XIMNASIA TERAPEUTICA
Exercicio físico que se concreta nunha actividade lúdica e que persegue mellorar o estado xeral da persoa a nivel físico e emocional.
Día: MERCORES ás 11 h; ás 16 h e ás 18 h - VENRES ás 11 h.
Lugar: Local Social de Riobao
PINTURA
Obradoiro enfocado a persoas que se achegan por primeira vez ás artes plásticas, como a aquelas que xa te_en nocions básicas e queren ampliar os seus coñecementos.
Día: MARTES ás 16 h e ás 18 h
Lugar: Local social de Riobao
TALLER DE REFORZO DA MEMORIA
Taller dirixido a mellorar as habilidades perceptivas e atencionais, empregando estratexias de memoria que permitan compensar efectos de alteracions da memoria coa finalidade de manter hábitos e prácticas axeitadas para favorecer a saúde en xeral.
Día: MARTES ás 11 h, ás 16 h e ás 18h.
Lugar: Local Servizos Sociais (Avda. Laguna)
RESTAURACION
Obradoiro enfocado ás persoas que queren coñecer e traballar técnicas básicas de restauracion de mobles, reciclaxe e pintura decorativa.
Día: LUNS as 18 h
Lugar: Local Social de Riobao
IOGA
Actividade dirixida a iniciación de exercicios de relaxación e respiración para conseguir un equilibrio do corpo e mente dende a conciencia do movimento.
Día: LUNS ás 16h. MARTES ás 11 h. XOVES ás 11 h.
Lugar: Local Social de Riobao.
TAI-CHI
Arte marcial dirixida a fortalecer aspectos físicos, mentais e emocionais.
Día: XOVES ás 16h. e 18 h. (NIVEL MEDIO) - VENRES ás 16 h. (INICIACIÓN e participantes que levan un ano na actividade)
Lugar: Local Social de Riobao.