ACTIVIDADES MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS CURSO 2024-2025

08 / OUT / 2024

ACTIVIDADES MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS CURSO 2024-2025

A  Concellería de Turismo, Promoción Económica e Participación Cidadá abre á participación nas actividades municipais (Pilates, Zumba e Ioga) nas parroquias do municipio

08/10/2024 - LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS DAS PARROQUIAS 24/25

AXUDA NO PROCESO DE PAGO DAS ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS 2024-2025

 

BASES REGULADORAS DE PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS (PILATES, ZUMBA E IOGA). CURSO 2024-2024.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN EN LIÑA

 

O programa de actividades que organiza a concellería de Promoción Económica, Turismo e Participación Cidadá do Concello de Sada a través da realización de prácticas deportivas dirixidas á poboación adulta ten como obxectivo a promoción de hábitos de intervención saudables e terapéuticos ademáis de fomentar a participación social no tempo libre.

 

Actividades a realizar.

  • Pilates
  • Zumba
  • Ioga

 

Destinatarios/as.

  • Veciños/as de Sada.

 

Requisitos.

  • Estar empadroado/a no Concello de Sada. Non ter débedas pendentes cos servizos económicos municipais. Poderá ser subsanada a débeda correspondente tendo que realizala antes do prazo de pagamento e sempre que
    haxa prazas vacantes.

 

Temporalización e lugar de realización.

  • As actividades socioculturais e deportivas comezarán o luns día 14 de outubro de 2024 e finalizarán o día 30 de xuño 2025.
  • Horario: De luns a venres (2 horas semanais). Haberá interrupción das actividades nos períodos vacacionais: Nadal (do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro). Entroido (luns e martes de antroido). Semana Santa (toda a semana). Neste periodo de inactividade polo período vacacional non se contempla a redución do pago da mensualidade.
  • Lugar de realización das actividades socioculturais e deportivas: Centros culturais das parroquias.
  • O Concello de Sada reservase o dereito de efectuar as modificacións nas instalacións, horarios , profesorado etc., que se consideren necesarias, ou anular algunha actividade por motivos organizativos.

 

Inscrición para participar nas actividades socioculturais e deportivas.

  • As persoas interesadas en participar nas actividades deberán realizar a súa inscripción a través deste formulario en liña ou nas oficinas da Concellería de Turismo. Promoción Económica e Participación Cidadá, sitas no 3o andar do edificio administrativo da Avda. Da Mariña no25.

 

Prazos.

  • O prazo ordinario de pre-inscrición será do 27 de setembro ao 4 de outubro de 2024 (ambos inclusive). Calquera inscrición realizada fóra deste prazo non será admitida.
  • A publicación da listaxe provisional de admitidos e de agarda, será o 8 de outubro de 2024.
  • Elaborada a listaxe de admitidos con praza, abrirase un prazo para formalizar o pagamento que será do 8 de outubro ao 14 de outubro (inclusive). Este pago realizarase mediante carta de pagamento que poderá tramitarse na oficina virtual tributaria do CONCELLO DE SADA
  • A non formalización do pagamento neste prazo suporá a renuncia da praza, pasando o dereito ao seguinte en listaxe de agarda.
  • Prazo extraordinario de inscrición: Ao longo do curso sempre que haxa dispoñibilidade de prazas e a concellería considere que se pode incorporar novo alumnado, poderá solicitarse a inscrición. Neste caso, os participantes deberán axustarse aos períodos de pagamento establecidos no artigo 10 das presentes bases e realizar a súa inscrición nas datas sinaladas.

 

Solicitudes fóra de prazo.

  • Aquelas solicitudes presentadas fora do proceso inicial, iranse incorporando á listaxe de agarda correspondente.
  • Cando queden prazas vacantes chamarase as persoas da listaxe de agarda, segundo o orden establecido na mesma.
  • As persoas que acepten a praza deberán formalizar a mesma a través do pagamento correspondente segundo o procedemento que se establece nestas bases.

 

Sorteo público e grupos de actividades a realizar.

  • Para que as actividades socioculturais e deportivas se poidan levar a cabo terá que haber un mínimo de 8 solicitudes no momento da preinscrición. O máximo de alumnos para participar nas actividades en ningún caso poderá exceder de 12 participantes.
  • Naquelas actividades onde a demanda sexa superior a oferta, será preciso realizar un sorteo. O sorteo público, de ser o caso, terá lugar o día 7 de outubro ás 10:00 horas no terceiro andar do edificio administrativo do Concello de Sada.

 

Prezos e períodos de pagamento:

  • Os prezos de aplicación para os/as participantes nas actividades socioculturais e deportivas 2024-2025 será de 45 € trimestre.

 

Establécense os seguintes prazos de pagamento: O alumnado participante con praza realizará o pagamento das cuotas de forma trimestral.

  • 1o Trimestre (outubro, novembro, decembro) O alumnado con praza deberá realizar o pagamento entre os días 8 de outubro ao 14 de outubro (ambos inclusive).
  • 2o Trimestre: (xaneiro, febreiro, marzo) O alumnado deberá realizar o pagamento entre os días 18 e 24 de decembro (ambos inclusive).
  • 3o Trimestre: (abril, maio, xuño) O alumnado deberá realizar o pagamento entre os días 18 e 24 de marzo (ambos inclusive).

 

Baixa na actividade.

  • A baixa na actividade deberá presentarse OBRIGATORIAMENTE no rexistro municipal a través do formulario de solicitude xeral.
  • Non se considerará baixa na actividade si o/a alumno/a comunica de palabra ao docente que non vai seguir asistindo ao curso.

Arquivado en