Actividades para maiores de 55 anos curso 2019-20105

08 / OUT / 2019

Actividades para maiores de 55 anos curso 2019-20105

O Concello de Sada abre a participación nas actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos, promovidas pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, que teñen como finalidade contribuir a un envellecemento saudable e fomentar a autonomía persoal, promove-la participación e integración social das persoas, e previr situación de risco de exclusión social. Para elo desenvolvénse actividades Reforzo da Memoria, Ximnasia Terapeutica, Tai-chi, Ioga, Pintura e Restauración, orientadas ao fomento da calidade de vida e autonomía persoal, ao fomento da creatividade e expresión artística e a participación social.

Decreto Aprobación listas definitivas, de agarda, e de persoas excluídas nas actividades sociais para maiores de 55 anos, para o ano 2019-2020

Decreto Corrección de erros do Decreto da Alcaldía núm 1971/2019

Decreto Aprobación de resultado do sorteo das actividades sociais paramaiores de 55 anos, para o ano 2019-2020.

Decreto Novas altas e baixas nas actividades sociais para maiores de 55 anos, para o ano 2019-2020

Listado de usuarios con Praza Concedida Actividades para maiores 55 anos curso 2019-2020

Instrucciones pago primer trimestre aceptando a praza

Aclaracións da publicación da lista con prazas concedidas

Modificación das listas provisionais de participantes nas actividades sociais para maiores de 55 anos, para o ano 2019-2020 e realización dun sorteo público.

Aprobación e exposición das listas provisionais de participantes nas actividades sociais para maiores de 55 anos e nota aclaratoria

Anuncio de data sorteo e prazo para formalizar matrícula actividades de maiores de 55 anos curos 2019 - 2020

Solicitude actividades para maiores de 55 anos.

Decreto coas Bases Reguladoras actividades maiores 55 anos.

Cartaz actividades Maiores 55 anos 

As actividades sociais están dirixidas as persoas que teñan cumpridos os 55 anos, e maiores desa idade. Excepcionalmente poderán participar persoas que, sin acadar a idade de 55 anos, sexan titulares do certificado oficial de minusvalía e/ou acrediten a través dun informe médico a idoneidade da actividade elixida. Dito informe deberá ser emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde. Do mesmo xeito, tamén poderán participar persoas que se atopen nunha situación de risco ou exclusión social, previo informe favorable do/a técnico/a dos servizos sociais do Concello. Estas persoas quedarán exentas da aportación económica, salvo que no informe conste o contrario.

De xeito xeral, as persoas participantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter 55 anos cumpridos o día anterior áo remate do prazo da solicitude (salvo excepcións recollidas no epígrafe anterior)
  • Non ter débedas pendentes co concello de Sada pola participación nas actividades sociais de maiores de 55 anos en anteriores edicións.
  • Terán preferencia as persoas empadroadas e con residencia efectiva no concello de Sada.

Temporalización e lugar de realización.

As actividades sociais para maiores de 55 anos desenvolvénse a partir do mes de outubro do ano en curso ata o mes de xuño do ano seguinte. Haberá os seguintes periodos vacacionais:

Nadal: Do 22 de decembro ao 6 de xaneiro (ambos inclusive)

Entroido: O luns, martes e mercores de entroido segundo o calendario anual.

Semana Santa: Xoves e Venres da “semana santa” correspondente, segundo o calendario anual.

Lugar de realización do programa de actividades sociais: Centros municipais:

Local Social de Riobao (antigua cámara agraria)

Local anexo ao servizos sociais comunitarios (A Laguna 44, 4 baixo)

O Concello de Sada reservase o dereito de efectuar as modificacións nas instalación, horarios , profesorado etc., que se consideren necesarias, ou anular algunha actividade por motivos organizativos, así como incluir outras novas.

Forma de inscripción e prazo de presentación de solicitudes.

O prazo ordinario de inscripción será do 2 ao 13 de setembro do 2019 (ambos inclusive) en horario de 9 a 14 horas As solicitudes presentaranse nas oficinas do Concello, no rexistro xeral, no módelo autorizado para tal fin.

Dito módelo pode recollerse nesas oficinas e/ou nos servizos sociais do Concello e deberanse cubrir todo-los apartados, sendo imprescindible un teléfono de contacto.

Unha vez rematado o prazo de inscripción publicarase a listaxe provisional.

A partir do día seguinte desta publicación, ábrese un prazo de dez días hábiles para posibles subsanacións ou reclamacións.

Si se dera o caso, e logo de realiza-las subsanacións oportunas, que houbera mais solicitudes que prazas en cada unha das actividades, farase un sorteo público para a asignación das mesmas. O resultado de dito sorteo será publicado mediante a publicación das listaxes de persoas que obtiveron praza, así como do prazo que disporán para a formalización da mesma.

Para a formalización da praza deberán realiza-lo pago do primeiro trimestre, abonando a cantidade de 15€, por cada unha das actividades nas que esté admitid@. Farán o ingreso na entidad bancaria que se indique.

A non formalización da inscrición no prazo indicado suporá a súa renuncia pasando o dereito as pesoas que se atopen na lista de agarda.

Finalmente aprobarase a listaxe definitiva de admitidos, excluidos e agarda que se publicará nos correspondentes taboleiros.

No caso de existir prazas vacantes ao longo do curso serán chamadas as persoas que se atopen en lista de agarda, pudendose producir novas altas por trimestre.  

Solicitudes fora de prazo.

Aquelas solicitudes presentadas fora do proceso inicial, iranse incorporando á lista de agarda correspondente. Cando queden prazas vacantes chamarase as persoas da lista de agarda, segundo o orden establecido na mesma.

As persoas que acepten a praza deberán formaliza-la mesma a través do ingreso correspondente e segundo o procedemento que se establece nestas. A estes efectos só se darán novas altas por trimestre.

Os chamamentos das listas de agarda serán realizados a través de vía telefónica, sempre que sexa posible durante as dúas semanas anteriores ao comezo. Se non fose posible contactar coa persoa pasarase ao seguinte da lista.

Sorteo público, programa de actividades e n.º de prazas .

Será necesario un mínimo de 7 participantes para que se poida desenvolver a actividade. Na medida do posible, naquelas actividades onde a demanda sexa superior a oferta, cabe a posibilidade de creación de novos grupos. Cando a demanda sexa superior as prazas ofertadas, as prazas serán cubertas por sorteo público que se realizará unha vez sexa publicada a lista provisional e o período establecido para a subsanación de erros e/ou reclamacións.

Actividades

O programa inicial de actividades sociais para maiores de 55 anos para o curso 2019-2020 inclúe as seguintes actividades e prazas:

Reforzo da Memoria: 45 prazas en tres grupos de 15 persoas.

 Ximnasia Terapeutica: 60 prazas en catro grupos de 15 persoas.

Tai-chi: 45 prazas en tres grupos de 15 persoas.

Ioga: 45 prazas en tres grupos de 15 persoas.

Pintura: 30 prazas en dos grupos de 15 persoas.

Restauración: 15 prazas.

O Concello poderá variar o número de grupos en función da demanda, así como organiza-los mesmos en función dos intereses das persoas participantes (grupos por niveis) e de criterios organizativos.

A duración de cada actividade é de duas horas. Na medida do posible os horarios de cada actividades serán segundo os establecidos no curso anterior. Cada persoa poderá solicitar ata tres actividades diferentes, pero tan só nun horario/grupo de cada unha delas. E dicir non poderá solicitarse participar en mais dun horario da mesma actividade.

Prezos e periodos de pagamento.

Os prezos de aplicación para o programa de actividades sociais de maiores de 55 anos serán os que se establezan no informe de prezo público dos Servizos Económicos municipais.

Establecense tres pagos (trimestrais) de 15€ cada un, por cada unha das actividades, segundo a ordenanza reguladora de prezo público. Os/as participantes deberán ingresar o pago do primeiro trismestre, nas datas que se indique.  Unha vez realizado o pagamento deberán achegar unha copia do xustificante do pago aos servizos sociais.

Xunto co impreso de solicitude debidamente cuberto, deberán presentarse documento de designación da conta bancaria, selado pola entidade bancaria ou vir acompañado do certificado da conta cliente, proporcionado pola entidade bancaria (non será valido un recibo bancario nin a copia da cartilla).

Os servizos económicos serán os encargados de realizar os cargos correspondentes ao segundo e terceiro trimestre. En caso de querer cambiar os datos de domiciliación da conta bancaria durante o curso deberán entregar no rexistro xeral do concello unha solicitude de cambio de datos aportando o novo documento de designación da conta bancaria.

Cabe a posibilidade de exención de pago das cotas, cando se trate dunha situación de risco e/ou exclusión social, valorada tecnicamente a través do correspondente informe dos servizos sociais e co visto e prace da concelleira.

Baixa na actividade.

A baixa na actividade deberá presentarse no rexistro oficial do concello, mediante o módelo de baixa correspondente ATA O DÍA 15 DO ULTIMO MES DO TRIMESTRE .

Arquivado en