Actualidade

Filtrar

Soñeiro contará desde o 2 de novembro con liña directa de autobús ao centro de Sada

Soñeiro contará desde o 2 de novembro con liña directa de autobús ao centro de Sada

O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá ven conseguir que o transporte metropolitano inclúa unha liña entre Soñeiro e o centro urbano con catro rutas diarias. O Concello lembra tamén que grazas as alegacións ao transporte metropolitano presentadas polo goberno municipal temos dende hai uns meses enlace entre a parada diante do Concello e o Centro de Saúde.


29 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
A Casa da Cultura acolle a mostra "O Camiño Ilustrado"

A Casa da Cultura acolle a mostra "O Camiño Ilustrado"

A Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acolle a mostra "O Camiño ilustrado", unha viaxe pintada por Alicia Aradilla da man do Concello de Sada e Afundación


25 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
SADA NO VI CONGRESO NACIONAL DE ECOTURISMO

SADA NO VI CONGRESO NACIONAL DE ECOTURISMO

A concelleira de Promoción económica, Turismo e Emprego acompañou aos visitantes do VI Congreso Nacional de Ecoturismo polos barrios mariñeiros tradicionais e os edificios significativos do modernismo


25 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
I XINCANA SAMAÍN INCLUSIVO

I XINCANA SAMAÍN INCLUSIVO

A de Promoción Económica, Turismo e Emprego propón a realización dun evento inclusivo denominado I Xincana Samaín Inclusivo.


25 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
SAMAÍN SADA 2022

SAMAÍN SADA 2022

O Concello de Sada programa a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica as distintas actividades so SAMAÍN 2022 que terán lugar en Sada do 28 de outubro ao 1 de novembro.


18 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
Sada activa nos vindeiros días as cinco pantallas dixitais do municipio

Sada activa nos vindeiros días as cinco pantallas dixitais do municipio

A concellería de Comunicación celebra a celeridade coa que finalmente se tramitaron os informes para a conexión da rede de paneis dixitais e deste xeito agradece a implicación de todas as entidades


14 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
Sada reforma a antiga Escola de Carnoedo

Sada reforma a antiga Escola de Carnoedo

O Concello de Sada reformará o inmoble para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e un ximnasio e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás  asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reuniones e atender aos seus asociados. O alcalde de Sada, Benito Portela, asinou o convenio coa Deputación Provincial no que o Concello de  Sada aportará 46.000 euros nun investimento total de 186.000 euros.


14 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
Sada persoouse da demanda do Estado pola titularidade dos bens mobles do Pazo de Meirás

Sada persoouse da demanda do Estado pola titularidade dos bens mobles do Pazo de Meirás

O alcalde de Sada, pide agora ás outras Administracións, en especial á Xunta de Galiza, a facer o mesmo. A Xunta de Galicia debe “mover ficha e incoar canto antes o expediente de modificación de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás para a inclusión dos bens mobles”


07 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
ROTEIRO GASTRONÓMICO OUTONO DE TAPAS 2022

ROTEIRO GASTRONÓMICO OUTONO DE TAPAS 2022

A  Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego en colaboración cos hostaleiros e hostaleiras participantes, programa o Roteiro Gastronómico Outono de Tapas 2022.


07 / OUT / 2022

COMPARTIR EN:
AS TAXAS DO CEMITERIO E DOS VADOS COBRARANSE DO 3 DE OUTUBRO AO 3 DE DECEMBRO 2022

AS TAXAS DO CEMITERIO E DOS VADOS COBRARANSE DO 3 DE OUTUBRO AO 3 DE DECEMBRO 2022

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 15 de setembro, aprobou os seguintes padróns correspondentes ao exercicio 2020: Padrón fiscal da taxa polo mantenemento do cemiterio municipal e Padrón fiscal da taxa por Entrada de vehículos a través de beirarúas e reserva vía pública.


28 / SEP / 2022

COMPARTIR EN:
MOSTRA DE TEATRO 2022 DOMINGOS DO MES DE OUTUBRO NA CASA DA CULTURA

MOSTRA DE TEATRO 2022 DOMINGOS DO MES DE OUTUBRO NA CASA DA CULTURA

A concellería de Cultura programa no vindeiro mes a MOSTRA DE TEATRO SADA 2022 que terá lugar os domingos 2. 9, 16, 23 y 30 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura Pintor LLoréns


23 / SEP / 2022

COMPARTIR EN:
Escola Municipal de Teatro Curso 2022-23

Escola Municipal de Teatro Curso 2022-23

 A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o intercambio de roles.


13 / SEP / 2022

COMPARTIR EN: