Bases para adxudicación de praza no servizo de comedor escolar no CEIP Sada y Sus Contornos.
A concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego, habilitará mañá martes un punto violeta na praza Irmáns Suárez Picallo de 20:00 a 03:00 para previr, asesorar e atender ante posibles condutas de violencia sexual durante estas Festas
Veciñas e veciños de Sada, ante o estado de PRE-ALERTA no que se atopa o abastecemento de auga, actuando en común para maior eficacia da nosa acción, decidimos aplicar unha serie de medidas ante a situación de seca que, en caso de non remediarse cun réxime suficiente de choiva nesta estación, ameaza con levarnos a un escenario difícil de cara ao subministro para todas as necesidades da poboación.
O evento reunirá barcos chegados desde Galicia, Euskadi, Cataluña e tamén desde Irlanda e programa actividades de mar e terra durante os catro días.
O obxecto destas bases reguladoras é o de establecer as condicións de participación na Feira Sada Comercio, que se organiza do 5 ao 6 de agosto, para promover o comercio local e o consumo de proximidade no Concello de Sada. As bases regularán o procedemento de inscrición e de solicitude de autorización para ocupar un posto de venta nesta edición da feira.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento, criterios de valoración e condicións para o outorgamento de autorizacións para ocupar en espazo público os postos para exercer a venta ambulante dentro do mercado da XII Feira Modernista de Sada.
A programación de terra prevista para o evento inclúe música, obradoiros infantís e mostras de patrimonio marítimo e fluvial e oficios tradicionais, entre outras moitas actividades
A cita, presentada no Museo do Pobo Galego, congregará durante catro días a un centenar de embarcacións en Fontán e promoverá actividades relacionadas coa navegación
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, de unha (1) praza de persoal laboral fixo denominada: operario sepultureiro, pertencente ao Grupo V do convenio colectivo, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2019 (BOP núm. 101, do 30-5-2019)
Na xuntanza, solicitada ao día seguinte de acceder ao cargo e mantida no día de onte coa directora do ente autonómico, Portela interesouse polo estado actual no que se atopa a redacción do proxecto constatando unha total inacción nos derradeiros sete meses por parte do anterior goberno municipal. Á reunión asistiron tamén o Concelleiro de Obras e Servizos e Medio Ambiente e o arquitecto municipal quen, despois de analizar o documento solicitado polo concello e facilitado a este hai uns días, acudía cunha serie de suxestións ao proxecto que serán analizadas polos técnicos nunha xuntanza a celebrar mañá xoves. A dimensión adquirida polo proxecto, que, amais de minorar enormemente o risco de inundación, procura a re-naturalización do último tramo dos ríos Maior e Fontoira e a transformación do centro de Sada, eleva o investimento a máis de seis millóns de euros e fai que sexa precisa unha reformulación do financiamento do mesmo.