As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, de unha (1) praza de persoal laboral fixo denominada: operario sepultureiro, pertencente ao Grupo V do convenio colectivo, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2019 (BOP núm. 101, do 30-5-2019)
Na xuntanza, solicitada ao día seguinte de acceder ao cargo e mantida no día de onte coa directora do ente autonómico, Portela interesouse polo estado actual no que se atopa a redacción do proxecto constatando unha total inacción nos derradeiros sete meses por parte do anterior goberno municipal. Á reunión asistiron tamén o Concelleiro de Obras e Servizos e Medio Ambiente e o arquitecto municipal quen, despois de analizar o documento solicitado polo concello e facilitado a este hai uns días, acudía cunha serie de suxestións ao proxecto que serán analizadas polos técnicos nunha xuntanza a celebrar mañá xoves. A dimensión adquirida polo proxecto, que, amais de minorar enormemente o risco de inundación, procura a re-naturalización do último tramo dos ríos Maior e Fontoira e a transformación do centro de Sada, eleva o investimento a máis de seis millóns de euros e fai que sexa precisa unha reformulación do financiamento do mesmo.
A Alcaldía do Concello de Sada mediante Decreto núm. 1303/2023, do 6 de xullo,aprobou a convocatoria de proceso selectivo para unha cuarta ampliación da bolsa de emprego, para postos de socorrista para espazos acuáticos naturais, a partir do posto 9º en adiante da orde de prelación. Para a tramitación do proceso selectivo aplicaranse ás bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm.519/2022, do 20 de abril (BOP núm.78, 26-4-2022) agás no relativo ao prazo de presentación de instancias dende a publicación do anuncio da convocatoria no BOP e da susceptible emenda das mesmas, que se reduce en ambos supostos a 3 días hábiles como así dispón o decreto de corrección núm 1306/2023 do 6 de xullo.
O Concello de Sada organiza unha nova edición das tradicionais Festas do Carme. A comunidade sadense ten un pasado totalmente ligado ao mar e á pesca. É por iso que as Festas do Carme son, sen dúbida, unha das datas máis destacadas do calendario de festexos que emanan da cultura popular.O sector da artesanía ten un especial porque presenta ao mesmo tempo un carácter artístico, creativo e utilitario. Os obxectos feitos a man poñen a arte ao servizo da funcionalidade e son toda unha expresión cultural. Por medio desta proposta queremos destacar o valor cultural e artístico do oficio artesán, xunto co interese público que eles mesmos suscitan e apoialo a través dunha acción de fomento. Por todo isto, o obxecto das bases que agora se presentan é o de establecer as condicións e o procedemento de outorgamento de autorizacións para a ocupación de terreos de uso público para organizar un mercado de artesanía de temática mariñeira dentro no marco das Festas do Carme 2023 en Sada, a celebrar nas datas do 15 e 16 de xullo.
A Alcaldía do Concello de Sada mediante Decreto núm. 1003/2023, do 25 de maio, aprobou a convocatoria de proceso selectivo para unha terceira ampliación da bolsa de emprego, para postos de socorrista para espazos acuáticos naturais, a partir do posto 7º en adiante da orde de prelación.
Segunda convocatoria do Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou contratacións temporais de carácter laboral do art. 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal psicólogo, da escala de administración especial, subescala técnica, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2023”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 15 de marzo de 2023. (BOP núm.57, do 23-03-2023).
O autobús dixital de RTVE poderase visitar de maneira gratuita en Sada os días 12, 13 e 14 de agosto. Esta campaña baixo a lema “O teu futuro escríbese con D” está destinada a romper coa fenda dixital das novas tecnoloxías para todas as persoas.
A Unidade Móbil de información da Armada estará instalada o próximo martes 11 de xullo, en horario de mañá e tarde, na Praza Irmáns Suárez Picallo do Paseo Marítimo de Sada
A instalación abrirá todos os días en horario de 12.00 a 20.00 nos meses de xullo, agosto e os quince primeiros días de setembro. O alcalde Benito Portela asinou o pasado ano un convenio co grupo Sargadelos para a utilización da piscina nos veráns de 2022 e 2023.
O pleno da corporación aprobara, de maneira unánime, unha moción presentada en marzo de 2022 polos grupos que conformaban o goberno municipal na que se solicitaba á RAG o adicar o Día das Letras Galegas á figura de Luisa Villalta. Para dar cumprimento ao acordo plenario, o alcalde Benito Portela e, as daquela concelleiras de Normalización Lingüística e Cultura, Marisa Rúa e Paola Mondaca, mantiñan unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega na que lle trasladaban o acordo da corporación que hoxe se viu cumprido.
A mostra de pintura, de artistas de ARGA, estará na Sala da Cultura ‘Pintor Lloréns’ e a de fotografía, de Eduardo Rivo, na Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva, e ambas poderán visitarse de luns a venres polas mañás