Actualidade

Filtrar

VI Carreira Nocturna de Sada

VI Carreira Nocturna de Sada

O 17 de decembro Sada celebrará a Carreira Nocturna Benéfica (Cruz Roja/Caritas Sada) organizada polo Club Atletismo Sada e o Concello de Sada


03 / DEC / 2021

COMPARTIR EN:
SADA CONVOCA SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS

SADA CONVOCA SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS

Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais de interese xeral”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade. O Concello de Sada pretende así achegar unha axuda ás entidades culturais municipais sen ánimo de lucro para fomentar a actividade no eido da cultura e facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos de interese xeral que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación activa da cidadanía, avanza na democratización do acceso da sociedade á cultura e facilita a creación e produción cultural a nivel local.


03 / DEC / 2021

COMPARTIR EN:
CABALGATA DE REIS SADA 2022

CABALGATA DE REIS SADA 2022

A Concellería de Cultura abre a participación na Cabalgata de Reis 2022 das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.


29 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
Campaña de promoción da hostalería de Sada

Campaña de promoción da hostalería de Sada

A Concellería, de Promoción Económica, Turismo e emprego, realizará unha micro campaña en instagram, para promocionar e darlle visibilidade aos establecementos hostaleiros e incentivar o consumo na vila.


29 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS CONCURSO 12 MESES EN SADA

FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS CONCURSO 12 MESES EN SADA

O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, convocou á cidadanía ao concurso fotográfico “12 meses en Sada”  para que enviasen instantáneas en cor de Sada que serán incluidas no calendario que distribue o concello que se edita todos os anos no mes de decembro.


26 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
Melloras na cobertura de fibra e rede 4G no municipio de Sada

Melloras na cobertura de fibra e rede 4G no municipio de Sada

Operarios de Telefónica están a realizar a preinstalación de fibra previstas nos distintos plans


22 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
Concurso Postais de Nadal 2021

Concurso Postais de Nadal 2021

As Concellarías de Promoción Económica, Turismo e Emprego e de Medio Ambiente e Normalización Lingüística, buscan o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas, a través dun concurso de Postais de Nadal que premia con agasallos sorpresa provintes do comercio local ás postais escollidas para repartir entre a súa clientela.


19 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
I CONCURSO FOTOGRÁFICO: “12 MESES EN SADA”

I CONCURSO FOTOGRÁFICO: “12 MESES EN SADA”

O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, convoca ás persoas afeccionadas á fotografía para que realicen instantáneas en cor de Sada que serán incluidas no calendario que distribue o concello (12 fotos en total) que se edita todos os anos no mes de decembro.


19 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
Premiados no concurso "Debuxa a luz do Nadal"

Premiados no concurso "Debuxa a luz do Nadal"

O Concello de Sada convocou as nenas e nenos do municipio a participar no concurso infantil “Debuxa a luz do Nadal” onde debían presentar un debuxo co seu propio adorno de luz navideño. Os elementos gañadores, convertiranse en adornos en luz por unha empresa especializada e se instalarán nas rúas do municipio nas vindeiras festas do Nadal


12 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
Campionato Galego Ximnasia Artística 2021

Campionato Galego Ximnasia Artística 2021

O sábado 20 de novembro terá lugar no pavillón polideportivo de Sada o Campionato Galego Ximnasia Artística 2021 Feminina e Masculina, organizado pola Federación Galega de Ximnasia, Concello de Sada, Deporte Galego da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña


11 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
Sada programa unha charla sobre Acollemento Familiar

Sada programa unha charla sobre Acollemento Familiar

Xoves 2 de decembro ás 17:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Sada


03 / NOV / 2021

COMPARTIR EN:
Conversas mariñeiras con Xosé Iglesias e Manolo Presas

Conversas mariñeiras con Xosé Iglesias e Manolo Presas

Dentro da programación do FESTIVAL MAR DE MARES, Sada é sede da exposición artística SOMOS MAR II e prográmanse paralelamente varias actividades como unha conversa mariñeira, aberta ao público en xeral, que se celebrará o venres 29 de outubro ás 20:00 na cafetaría da Casa da Cultura Pintor Lloréns


21 / OUT / 2021

COMPARTIR EN: